Na miña opinión:
este é o camiño por onde Galiza debe avanzar, en lugar de estar a nosa sociedade sempre dirixida cara a Madrid, sería un airiño fresco o poder acceder aos medios dos veciños do sur, dos que agora estamos tan afastados, como se fosen moldavos ou bielorrusos. Os medios moldean o subconsciente das sociedades, e sería desexable que no de Galiza fose entrando un bocadinho de Portugal para que nun futuro nos aproximásemos facilitando que a grafía coa que escribimos o galego basculase cara aos eneagás, eleagás, facilitando a supervivencia desta língua pequena en perigo de asimilación.
Ben, evidentemente o galego e o portugués xa non son o mesmo mas temos unha orixe común e acaroados á árbore lusa, sen renunciar ao noso cerne, teriamos máis posibilidades de supervivencia. A miña opinión para a conxugación das grafías expuxéraa nestoutro post.
2 comentários:
Toda a (re)aproximação entre nós é importante. É que, de facto, somos próximos.
beijinhos
Espero que a iniciativa vaia para adiante!.
Quando li o do Bloco de Esquerdas pensei automaticamente no teu blogue, já que o conheci nalgum dos teus posts.
Enviar um comentário