domingo, 12 de junho de 2011

velocidade e universos líquidos

Saio de noite buscando a luz, que cursi soa! En realidade saio buscando os lugares por onde bebes as cervexas, sabendo que non estás, aínda así logo de tres vasos volvo mandar un sms, ring, ring... andas por aí? xa sei que non, só era por probar. Vese pouca xente, nótase que a economía está frouxa. Bebo rápido, teño sede, sentado á barra, só, apurando unha noite curta, ten que ser, mañá hai que madrugar para voltar á faena. A velocidade e o universo líquido andan pelexados, e pronto me decato que acadei o límite do equilibrio. Para non cruzalo baixo ao kebab, algho de comer e augha, e arreando p’a casa, cumprindo obxectivos, ás duas na cama.

Pola mañá despertar con sorpresas, o móbil, que de levalo tanto tempo pegado ao corpo xa coñece as miñas necesidades, decide deixarme unha hora máis de sono, chegarei tarde. Ademáis alégrame cunha mensaxe tua.

Algún día habémonos encontrar, bastará cunha leve dose de enerxía. Vontade non, que a vontade xa fai parte do océano.

4 comentários:

Anónimo disse...

sumareime os teus bos propositos e desexarei-te un bo dia
apertas

rui disse...

Recibo os teus bos desexos con agrado inmenso (estoume voltando cursi, é a idade)
Biquiños, vémonos de noite, I hope!

A nena do paraugas disse...

Non é nada bo apurar os líquidos. Poden acabar vertendo no sitio máis inesperado!

Saúdos.

rui disse...

Tes moita razón, hai que procurar manterse entre os beneficiosos efectos desinhibidores-euforizantes e a perda final do equilibrio. Neste caso non había moito tempo e precisaba ventilación. Vou marchar do país unha temporadiña e foi como a visita aos lugares familiares para despedirse.

Un saúdo