Mostrar mensagens com a etiqueta Informe ao lector. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Informe ao lector. Mostrar todas as mensagens

sexta-feira, 24 de junho de 2011

Partir

Outra vez fago a maleta, xa veremos canto dura a marea, volver ao francés, a estar eu só, quizáis iso o botara de menos, agora xa marcho con outra categoría máis pomposa, mais co mesmo soldo, son as medallas de cartón coas que che cobren o peito, non lles custa nada aos traballadores da palabra, suxeito-verbo-predicado e o mundo volve a funcionar. Non quero ser bruto, rir deles, ou desprezalos, pero por moita area que botes sen cemento non se fai a masa.

Nada, que cambio de réxime alimentício, de língua, de traballo... a ver que teñen os corsos para beber. Se houber tempo escribirei algo máis. E tamén tirarei unha chea de fotos (para quem as precisar)