quarta-feira, 20 de agosto de 2008

Ghrafiti


A pé polo Salgueirón

terça-feira, 19 de agosto de 2008

Centos de arrecendos

Centos de arrecendos
dos minerais das augas do río
do iodo das ondas da ría
métenseme por dentro
como cepillos de aceiro
levándome aquela negrura
para que a noite atope
onde chantar as raíces
cando volva ...
comme toujours

sábado, 9 de agosto de 2008

O corredor

Deixa que che conte, meu amor, deixame falarche do corredor polo que tantas veces teño arrastado os pes, ou máis ben onde arrasto os tacóns dos zapatos, como andando desganado. O meu corredor das tres portas. Hoxe non teño moito tempo de entrar contigo por cada unha delas, só che levo nun paseo rápido para que as coñezas, outro día pasaremos xuntos aos tres cuartos onde tanto teño vivido, onde tanto hei, aínda, viver. A primeira das portas é a dos cercos brancos, a da humidade contínua, a das pingas salgadas, cando paso polo corredor, o meu brazo dereito rózaa como quen non quere a cousa, como para chamar a atención ao resto do corpo, pero o cerebro dálle un consello á man "mira, sería bó que lle proibises firmemente aos dedos estirarse para ir acariñar o pomo, xa sabes que se poñen xogar con el e acaban por abrila". Dalle outra orde ao pé dereito para que avance e logo duns cantos pasos chegamos á porta do cuarto das imaxes, ésta está sempre chea de cores e de sorrisos, pero non precisamos entrar nela a miudo; xa manhá com máis tempo che explico. A última das tres das que che falo é a que pecha o cuarto dos meus paraísos, sempre, normalmente, sae por baixo dela un pouquiño de area e un arrecendo a algas recén cuspidas polo mar, esas algas que de cativos nos fixeron saias de hawaiana, coroas de xefe sioux ou ponchos andinos. Queda prometido que mañá che levo comigo senón aos tres, non habería tempo, si polo menos a dous deles.

Hoxe, dende o solpor está a chamar por min aquel bar das bandeiras da bretaña continental e da irlanda, o mesmo que ten o banzo na porta tan fácil de esquecer á saída.

Un biquiño e que durmas ben, meu amor.

sexta-feira, 8 de agosto de 2008

Na casinha

Chegado a casa! Á casiña de Cangas, non á de Arxel, á que tamén lle teño cariño, mas non como a ésta onde tenho ás minhas meninas. Contente de savoir que a minha filha máis velha escolheu para o próximo curso o português como segunda língua. Corte de pelo pola manhá, xa era hora, aquí hai unha temperatura moi agradável mas alá em Arxélia com essa lá na cabeça era insuportável. Já sei estou à mélanger tout, o français, o português e o galego, porém je m'en fous! Esteve à procurar no armário do balcom e atopei a botelha que o meu irmancinho trouxera de Cuba, o Havana Club, acho que non vai ficar nada dela! E amanhá pela noite visita aos meus bares favoritos. Buf, qué ben me sinto no meu país! Alá moitas veces, cando iamos de paseio pelos bairros periféricos quixemos quitar as camisetas, a calor era insoutenable, mas seriamos moi mal vistos. E o pior está por chegar, bientôt chega o ramadam, todos querem que o fagamos, por suposto que em público nom poderemos nem beber nem comer. Enfim todo se há viver, já veremos. Pelo momento repouso no melhor pais do mundo, o meu, com todos os seus defectos, onde aprendín a andar e falar, onde ando e falo.

terça-feira, 5 de agosto de 2008

verán


Como soñar é gratis e ademáis non custa nada estivemos nun venres de preguiza facendo cálculos para cando chegue o derretimento dos pólos, ou das ghaliñas. En fin, poderiamos ter feito sudokus ou xoghado ás cartas, pero como o primeiro non sei e o segundo tampouco, pasamos o venres musulmán de badulaques a aboiar pola casa, estábase ben, corría un airiño fresco e o colega estivo aproveitando a mornura do chan mentres botaba unha sesta.

domingo, 3 de agosto de 2008

Caos

Logo da festa chega a limpeza, o chan quere un freghado urxente, os compañeiros de relixión xa voaron, sonche medio paxaros eles. Eu tamén pronto, pronto deixo esta casa, por unhas semanas, pero nunca, ou case nunca, son as cousas como un as imaxina, así que eu que esperaba agardar polo avión deixando escoar as tardes pola pantalla do computador, teño que precipitar de novo a partida, mais aínda non para Galiza, voltar á cidade da cervexa e perder xa a conexión á internet até quizáis a miña volta a Arxelia. Non é que me disguste ter que viaxar, só que últimamente chegan as urxencias sen avisar e hai que coller o avión ou o tren ou o taxi no mesmo día e cambiar os plans de súpeto. Como son bastante desordenado iso não faz mal.

E falando em desordem, tiven esta semana pasada que recopilar datos das tarefas do último mes e buscando na mochila xuntei tres caderniños (ou catro) e pasando follas fun recompondo o puzle, porque me encantan as libretiñas, case sempre ando con unha no peto, cun bolígrafo, e alí vou anotando cousas tan dispares coma conxugacións de verbos no árabe do país, ou palavrões que non se deben escribir, con táboas de presións das válvulas neumáticas, cancións en euskera, gastos das viaxes, termos técnicos en francés, esquemas eléctricos, referencias de pezas, cancións en castelán, listas da compra, enderezos, números de teléfono, cómputos de horas, desglose de operacións, e aínda números de teléfono sen ningún nome ao lado, e tamén nomes de persoas sen ningún número de teléfono ao lado. E os caderniños soen estar esfolados e sucios, coas follas que lles quedan engurradas, e a letra a maioría das veces é piollenta por ter escrito con eles apoiados na man ou no taxi, ou no tren. Sempre comezo un novo co propósito de mantelo en orde e limpeza, pero coas presas abro por calquera páxina e escrebo do revés. Así, moitas veces é como vai pasando a vida, loitando por aliñar elementos que naturalmente teñen que estar en desorde, case mellor reconvertir o cerebro para aceptar que o sitio de cada cousa non é o que nós pensamos que debera ser.

Hoxe estoume a estender de máis, tamén é que teño que facer de novo a mala (ben, a mochila) e non teño ganas, e recoller a casa para que saiba esperar por min sen meter outros inquilinos na miña ausencia, pensaba, por exemplo, nas cascudas do demo. Ben, bem, tout-de-suite vou escolher uma foto que dea un chisco de colorido a este post caótico e de fim de curso laboral. Xa verei se podo achegarme por aquí algún día para tentar frear un bocadinho o caos do universo co movemento torpe dos meus dedos sobre o teclado, autrement dit "clavier".

Biquiños/Beijinhos para todos os que leiam.
(tamén para os que miren a tele!)
Chao!!

sábado, 2 de agosto de 2008

Festa

Qué dexeneración, veño de chegar á casa que se converteu en forno cargado con catro litros de cervexa, a primeira cousa abrir de par en par as ventás do salón, do meu cuarto, do cuarto do computador e a porta da entrada para que este airiño morno de Hydra veña escorrentar esta calor. A segunda cousa foi beber medio litro de cervexa, e o meu corpo parece que se está a desfacer en auga, non vai quedar nada de min. Esta noite festa na miña casiña, son mañá as viaxes dos colegas a outras cidades, e imos celebralo, con viño tinto, birra e ... para a cea... en fin, a carnizaría estaba pechada, voulles facer unhas tortillas de patacas, qué carallo! A mágoa é non ter un chouriciño para lles dar sabor, aquí é complicado o da carne de porco. En fin, día de todo véspera de nada xa que logho vou ficar aquí sozinho con este meu fiel escudeiro, o computador.

Tamén adicarei máis tempo ao blog, aínda que, agora que recordo, non por moitos días, porque o mércores, jaia da! baina jai hadia izango da! Oporrakkkk! As vacacións, as férias. Ah..

e falando de todo um bocadinho, agora o meu irmancinho esta a trabalhar em Maia, xa fala portugués, o cabronazo qué sorte ten.

Venha, um beijinho para todos que vou ajeitar a minha humilde morada para recever aos meus ilustres visitantes (todos grandes bebedores, gente da minha mesma religião)

sexta-feira, 1 de agosto de 2008

Os monstros durmidos


Qué fermoso domingo, aínda non tomei a ducha nin me vestín, estiven a lavar a louza da cea de onte á noite, un cafeciño con leite e deixar as horas esvarar pola mañá arriba sentindo a calor que entra sen permiso pola porta do balcón. Por sorte é domingo e o teléfono aínda non soou nin unha soa vez, están os monstros durmidos, non se queixan dos seus reumatismos prematuros, danme un respiro.

Onte tocoulle ao colega prepararnos a cea, e por un día non comemos cebola, trocámola polo allo acompañado dunha perna de año ao forno, cunhas cervexas de aperitivo e unha botelliña de tinto de Tlemcen. Só deixamos o óso! E dispuxémonos para sair explorar os mundos da noite pero, será a idade! boteime no sofá e despertei ás duas da mañá, os plans que mudan continuamente, tant mieux!

E neste post ía falar da cebola con pan, e das herbas que comía Rachid cando era rapaz, e sobre todo da sede, pero deixoo para outro día. Estou deixando o blogue desatendido, ultimamente as viaxes e o ter compaña polas noites me quitan moito tempo de intimidade co computador, tampouco é mala cousa. Gústame escribir trapalladiñas, pero non teño soltura, si, escrebo moitos rascuños, e miro e remiro un post antes de lle dar o visto bo, aínda así cólanseme tamén faltas de ortografía e gralhas, ou fautes de frappe.

Ben, e como hoxe é o día da oración, teño que sair antes das doce que logo pechan todo para ir á mezquita, e nesas horas non topas nin un bar onde te refuxiares da dureza do clima.

segunda-feira, 28 de julho de 2008

O peixiño preguiceiro

Este é o conto dun peixiño preguiceiro no medio do océano; aquilo era inmenso, non vos podedes imaxinar, toda aquela auga sen fronteiras nen limites era demasiado para el, se houbera unha palabra para descreber o seu permanente estado de ánimo ésta sería cansazo, todo o día o pasaba a mover as aletas sen repouso, un chisquiño cara á luz, outro chisquiño cara ao fondo, virando á babor, virando á estribor, mi madriña! que vida tan dura lle tocara viver a aquel animaliño. E non sabedes cal era o seu soño de todas as noites? Pois el coñecía, como todos os peixiños que pasan unha existencia penosa a percorrer o mar, eses animais enormes, que falan unha língua incomprensible e monótona, que non son nin peixes nin paxaros, que só levan medio corpo dentro da auga e o outro medio a ese aire que mata, el coñecíaos de velos pasar, de oir os seus berros contínuos e soñaba con meterse nun deles e viaxar polo mar, así, sen ter que estar continuamente a loitar contra as correntes, de seguido a fuxir dos grandes que sempre querían devoralo.

E pasou o tempo e, aínda que moitas veces se achegou, desafortunadamente nunca conseguiu meterse en ningún deles, e tivo unha existencia lonxeva, nunca lle faltou a comida (a bebida podedes supoñer que tampouco), puxo centos de miles de ovos que trouxeron milleiros doutros peixiños coma el aos que sempre lles contaba o seu soño, el dicíalles que alí dentro se atopaba o paraíso, que o imaxinaba fresquiño, ao contrario do inferno, unha auga na que xa non precisarían o movemento contínuo, na que poderían deixarse a durmir sen medo a perder o norte nin ser alimento dos monstros, e que tentaran por todos os medios de ser admitidos alí.

Polo momento aínda non temos, pese aos estudos realizados na materia, unha idea clara do efecto que estas andrómenas provocaban nos alevíns aínda que supoñemos que a maioría deles ridiculizaban esta teoría co argumento de que o vello estaba xa un pouco choucho, vamos que como todos os novos desprezaban as ideas transmitidas polos proxenitores. Mesmo había algúns resabidos que polo baixo contaban que nese paraíso, si, facía fresquiño, mesmo un frío que che deixaba teso, que só era a antesala do inferno onde a auga fervía!

En fin, pasoulle o tempo e o noso protagonista rematou a sua marea, de vello, movéndose ata que as forzas vitais o abandonaron e xa non foi máis ca un cadáver a aboiar na tona salgada. E sabedes no que pensaba un segundo antes de deixar de aletear? ... por desgraza nós non o sabemos, e como el xa está morto é un dato que se perderá para sempre.

domingo, 27 de julho de 2008

Duas e duas

Desta fin de semana