sexta-feira, 7 de agosto de 2015

A volta



-- despois de tanto tempo --
r                             
e                     
e           
n
     c
           o
               n
                 t
                    r
                        o

domingo, 7 de agosto de 2011

Estilitas in the cortelho

Sempre me pensei vivindo enriba dun poste, ou dunha coluna, como aqueles ascetas, e é ben sabido que o seu diámetro non dá para gran cousa. Así cando ti subiches ao que eu cría o meu poste, tiven medo de que caíras, ves, non che hai moito sitio aquí para os dous, e esperei que te abrazaras a min, que xuntaras o teu corpo contra o meu de maneira que che fora máis doado manter o equilibrio. Pero non, non te agarraches e tiven medo de tirar contigo, non sabía cómo moverme, pensei que antes de chegar o día me negarías tres, ou catro, veces. Dende abaixo, claro esta. E non houbo caída, realmente sorprendéchesme, nunca tal pensara eu, provocoume iso uns vértigos que me fixeron precisar dun punto de apoio no teu corpo, pero non o topei, e miragrosamente tampouco caín. E aquí estamos os dous, descubríndonos, sacando á luz o pre-humus das nosas almas, decatándonos de que isto non é poste nin coluna senón maís ben cortello inmundo que hai que limpar antes de morrer asfixiado

sábado, 6 de agosto de 2011

Desafio de Anabela

Resposta ao desafio de Anabela:

1 - Existe um livro que relerias várias vezes?
Só posso reler se é poesia, os romances sempre desiludem na segunda leitura. Por exemplo qualquer recopilação de poemas de Mario Benedetti.
2 - Existe algum livro que começaste a ler, paraste, recomeçaste, tentaste e tentaste e nunca conseguiste ler até ao fim?
O Canto General de Neruda
3 - Se escolhesses um livro para ler no resto da tua vida, qual seria?
Os Eidos de Uxío Novoneyra.
4 - Que livro gostarias de ter lido mas que, por algum motivo, nunca leste?
A saga completa dos Rougon-Macquart, de Zola. Só li três ou quatro.
5 - Que livro leste cuja "cena final" jamais conseguiste esquecer?
Esqueci!
6 - Tinhas o hábito de ler quando eras criança? Se lias, qual o tipo de leitura?
Livros infantis, BD espanholas.
7 - Qual o livro que achaste chato, mas ainda assim leste até ao fim? Porquê?
L'œuvre au noir de Marguerite Yourcenar. Li porque fora um regalo
8 - Indica alguns dos teus livros preferidos.
Livros dos que gostei: O Egípcio, de Mika Waltari, a trilogia Underworld USA de James Ellroy, O Senhor dos Anéis de Tolkien, Les Chutes de Joyce C. Oates... houve tantíssimos!
9 - Que livro está a ler?
Libra de Don Delillo
10 - Indica 10 amigos para responderem a este inquérito.
Quem quiser pode responder.

Ja fiz os deveres que tu me passaste!

segunda-feira, 1 de agosto de 2011

Tueur à gages

Assis aux bancs de la gare, en fumant la cigarrette digestive après le repas au buffet, les gars parlent de laisser tomber ce boulot crevant, de chercher un autre emploi, comme tueur à gages, ou quelque chose dans le genre, un truc qui ne leur laisse pas les muscles endoloris à la fin de la journée.

Mais la vie n’était pas un film de cinéma et a une heure trente ils sont rentrés au chapiteau pour continuer le démontage avec les clés de 46 et cette chaleur moite à écraser les rêves.


Sentados nos bancos da estación, fumando o pitillo dixestivo despóis do xantar na cantina, os rapaces falan de deixar este traballo matador, de buscar outro emprego, como asasino a soldo ou algo polo estilo, un choio que non lles deixe os músculos doloridos ao final do día.

Pero a vida non era una película do cine e á unha e media voltaron ao taller para continuar a desmontaxe coas chaves de 46 e esta calor húmida que aplasta os soños.

sexta-feira, 8 de julho de 2011

Fallos no sistema

non é suficiente. Vou poñer o aire acondicionado a dez graos ou menos por ver se tetanizo aos mosquitos que veñen de hotel sen pagar habitación. Falta de hormonas? Algo falta, non son necesidades son prestacións. si que me acorda. E non basta con ter un corpo apetecivel, hai que ter unha mente maleável, elas sempre te querem em corpo e alma, que esixentes, mon dieu. Por sorte o viño segue a ser asequível, e o meu fígado receptivo. E se desperto rodeado de pingüinos? E se se repiten os tremores de terra. Don't worry, temos aspirina para poñer en marcha un tren, ou dous, ou tres. Os motores, son en V, curiosidade pra quen a precisar, dous filtros de aire, dous turbos, dous colectores de admisión, e un só motor verdadeiro. E isto aguentará a neve no inverno? Quen sabe, polo momento hai que aportar frigorías. Burato da capa de ozono? Never mind, c'est pas avec une aiguille qu'on va tuer un éléphant. Ou iso creo. Ou iso creo que creo. Certidudes as mínimas posiveis, s'il vous plaît

quarta-feira, 6 de julho de 2011

Cazadores de insectos

E aínda que deixo a ventá toda a noite aberta, por se houber unha ninfa, ou outro ser feminino con alas ou peitos, que viñese lerme as mil e unha noites, ou calquera outra cousa, desperto pola mañá só na cama e co teito cheo de mosquitos. Dende aquí vexo á veciña do terceiro que soña cun lector que apareza de súpeto e se lle meta baixo as sabas, tamén ela ten a ventá aberta, tamén só consegue atrapar mosquitos.

segunda-feira, 4 de julho de 2011

València - Alger - Ajaccio

València – Alger – Ajjaccio, o mesmo mar, a mesma humidade que me acompaña neste camiño de curva, contracurva, soidade, envólveme nesta torpeza da roupa colada á pel, non estamos sós a humidade e máis eu, e este mar estático, incomprensible. E vóltaseme excitar o cerebro coas línguas que vai pescando, o corso, igual que na Galiza, o árabe de Arxelia, nas rúas, o francés que me invade, viens tout contre moi! Non teñas medo, j’arrive.

Ofrecen mexillóns para a cea, e mentres agardo a pizza, click, escoitei unha palabra en galego, uns xubilados dunhas mesas máis alá, francés e galego. E a mistura cos mexillóns, que non quero, desata unha nostalxia que sobe paseniñamente polo meu corpo como a marea, até querer sair toda a auga do océano polos meus ollos. Non consigo falar cos paisanos, non aguantaría tanto mar dentro de min.

domingo, 3 de julho de 2011

Desintegración

É o blogue, estas palabras que aquí escribo, que me manteñen unido a aquela teoría, a unha utopía cuspida nas paredes, e me segue enviando polo cordón queixumes dos alcolitos, que me atan e me impiden esquecer quen son, integrarme, unificarme, soñar bonsoir, erguerme co bonjour caíndome dos lábios.

E se aínda fose unha presada, uns poucos grans de area aumentando a superfície da praia máis fermosa de Europa, pero non hai areal, e estas impresións non serven máis que de antibiótico para a navegación en solitário coa que vou gañando enrugas, perdendo cabelo, pasando devagar na tona da auga, sen ronsel do que chorar a sua desaparición.

sexta-feira, 24 de junho de 2011

Partir

Outra vez fago a maleta, xa veremos canto dura a marea, volver ao francés, a estar eu só, quizáis iso o botara de menos, agora xa marcho con outra categoría máis pomposa, mais co mesmo soldo, son as medallas de cartón coas que che cobren o peito, non lles custa nada aos traballadores da palabra, suxeito-verbo-predicado e o mundo volve a funcionar. Non quero ser bruto, rir deles, ou desprezalos, pero por moita area que botes sen cemento non se fai a masa.

Nada, que cambio de réxime alimentício, de língua, de traballo... a ver que teñen os corsos para beber. Se houber tempo escribirei algo máis. E tamén tirarei unha chea de fotos (para quem as precisar)

sábado, 18 de junho de 2011

oblivioni mandare

Daquela non o sabiamos pero eramos pobres, e os excrementos dos animais misturábanse ao noso olor corporal. Chegaban os alemáns e dicían en alemán, moi educadamente, “was dieses Land riecht schlecht!”. E as nosas casas foran feitas sen salón de música, así que medramos sen piano, nen violín, sen clases de solfeo, nen concertos austríacos. En cambio sempre se reservaba un recuncho para o galiñeiro, proteínas libres de impostos, esterco para a minúscula horta das cebolas e leitugas, vitaminas taxe free, ou para as flores que daban para un capricho na confitaría.

Eramos pobres, agora me decato, mas naquel tempo camiñabamos entre as bostas do gando sen critérios estéticos e os franceses dicían con educado xesto “Ça sent fort, ce pays-là!”. Ás nosas casas faltáballes o despacho con mesa de carballo, medramos alleos á importancia dos movementos do papel, Por contra había en todas un banco con ferramenta, e aprendías sen dor a filosofía do martelo, a constancia da folla de serra, as propiedades do arco eléctrico.

Iso si, uns antes, outros máis tarde, todos fomos conseguindo a televisión, logo o teléfono, a auga da traída, os tubos que levaban o noso sudre cara ao mar... pouco a pouco, gracias á primeira, fomos aprendendo o porcos que eramos, o desgraciados que eramos, e léntamente modernizámonos, arrasando galiñeiros, cavando piscinas. Paseniñamente abandonamos todo o que fedía. Mesmo prescindimos da nosa língua, pensamos que ela tamén tiña culpa da pestilencia que nos envolvía, e hoxe, esquecéndoo todo, cando cruzamos os reflexos do noso pasado, só as veces, e en voz baixiña, dicimos para nós “como huelen estos señores!”