Agora que teño un ratiño morto, mentres se están cocendo as lentellas (dóeme o estómago da fame que teño!) aproveito para expor unhas útiles consideracións filosóficas.
Está claro que deus non existe, ou se existiu algún día xa o matou hai anos o Schopenhauer, o Nietzsche ou o Bruce Lee, tanto ten, o que si teño claro e isto é algo empíricamente demostrado, é que Alá, o dos musulmáns está ben vivo e ben activo, e digo demostrado porque eu xa o comprobei aquí en Arxel: coa maneira tan catastrófica de conducir que teñen é imposible que non haxa accidentes cada cinco minutos. E non os hai, co cal queda demostrada a existencia de Alá. Dixit.
E para os sabichóns que se poñan a obxectar dicindo que unha soa proba non chega, e blablablá, porei outra mostra fidedigna da veracidade da sua existencia. Sendo o Maghreb indiscutiblemente un dos primeiros produtores mundiais do hachis, debérase topar este produto natural á venda en cada esquina da rúa. E non se encontra, co cal queda demostrada, por segunda vez, a sua existencia. Dixit, dixit.
Grazas a isto da filosofía coñecemos mellor o mundo que nos rodea e encontramos explicacións a misterios de gran calibre, tal o que veño de expoñer. E como do esforzo estáseme a formar unha hernia no cerebro (ou no sitio onde debera estar) xa vou parar por hoxe. Agora que pensen outros que xa me esforcei bastante.
2 comentários:
Kakakakaka... são as minhas gargalhadas... kakakakaka... mas eu gostei mesmo deste "post"!!! Só quem conhece este mundo é que sabe que tudo o que tu dizes é verdade!!!!!
Posso pedir-to emprestado para o meu blogue?
bien sûr que oui, Anabela, por suposto.
Enviar um comentário