sexta-feira, 8 de outubro de 2010

ecuacións de chuva en stand-by

chove
chove e venta e aínda que o buscase non atoparía mellor tempo que este para pasar o día enteiro na cama / contigo
xa teño a cama e sóbrame o tempo, só falta unha incógnita para resolver a ecuación matemática de uñas que acarician e muslos que apretan
aplicar-me-hei nos vellos libros da mir, axilidade mental, resolución de ecuacións diferenciais, só preciso de horas de concentración, sobre o teu corpo
está ao alcance de todos (non malinterpretes, falo da resolución, e das diferencias)
fareime home viril de doche&gabana, fareime macho de loewe
(só por un instante, non soportaría dous capítulos seguidos desa frivolidade, sen risco de ficar loewotomizado pour toujours, dolchegalbanizado para sempre)
Resumindo: que chove, e venta, e teño unha ecuación con tres incógnitas, que agarda por ti para ser verdadeira

2 comentários:

Anónimo disse...

verdadeira verdadeira non sei pero que a ecuacion e de collons verdad
verdadera, meu fillo deixa de escribir na cama

rui disse...

Non podo, os meus patrocinadores son Flex e Pikolín!