sexta-feira, 29 de outubro de 2010

falares de chuva

hoxe, vintenove de outubro os nenos tiveron que cubrir con impremeábeis as capas de vampiro, os traxes de esqueletes, as maquillaxes cadavéricas, pero non deixaron que a tristura entrara nas botelliñas con sangue de tomato-ketchup. hoxe venres é día de feira, que a crónica do xornal adxetivaría como deslucida pola meteoroloxía adversa, sen embargo hai xa ben tempo que non vin un mercado máis humano, estiven cos feirantes das flores e do queixo, mentres poñían os toldos sobre os crisantemos e as tetillas, envolvéronme na sua camaradería alegre, convidáronme a café, sempre entre bromas a vida esvara cara arriba. escoitábanse alí, na rúa e na cafetería acentos e línguas moi diversas, que che fan máis humano o mundo, o real, o que case non aparece na tele coa sua monocorde e aseptica dicción, estaban os galegos e os acentos americanos, os que falan en francés, os do norte da áfrica e os das línguas nixer-congo, os sotaques xitanos, tamén os aires castellanos, e non sei por que, hoxe todas esas falas soábanme ledas, a xente, malia teren os baixos dos pantalóns mollados e os pes húmidos, se dirixían uns aos outros como se se coñeceran, sempre con ese punto de confianza. hoxe voltou a chuva e parece que todos estabamos a agardala, como se coa sua vinda as cousas tomasen o seu sitio, é inverno, chove e venta, todo vai ben, non é marabilloso o mundo!

4 comentários:

Anabela Magalhães disse...

Lindo o teu texto. Sentirei por aqui uma certa nostalgia/saudade de terras do Norte de África despoletadas por este dia de chuva e este escutar de tantas pronúncias? Hoje lembraste-te da Argélia e das suas gentes cruzadas em múltiplas línguas e pronúncias?

paideleo disse...

Os mercados son os lugares máis humanos de todo o planeta.

rui disse...

Anabela: ai que sozinho tenho o blogue! Tenho-o abandonado, com silvas e tojos que o cobrem tudo!
Já não tenho vontade de o cuidar.

Argélia ficou na minha cabeça mais fundo do que eu quiser, à cada pouco encontro-me à falar dela com a gente. Fiquei cativado em que pese às dificuldades lá vividas, suponho que os carinhos medram mais fortes quando não tudo são virtudes quando também tens que compreender e aceitar as fraquezas.

Beijinhos, Anabela

rui disse...

Paideleo: a verdade é que nunca o vira así ata esta mañá na feira, nun posto de flores topei un colega (el ten o invernadeiro e vende diretamente) e pasei do outro lado do mostrador, e gustoume ese mundo.

(Normalmente escápolle aos sitios onde hai moita xente)

Moitas gracias pola visita e o comentario, xa ves que tamén eu ando un pouco abandonado, como oko
por certo voulle facer unha visita a ver se se decide a continuar.
Biquiños