Ás veces penso en como se podería vivir sen o mar, hai esperanza afastado da beiramar? E ao contrario, agora que teño que traballar no interior, en Ourense, sinto como que quitando do medio toda esa auga quédache máis sitio para apreciar outra beleza. Se viras o fermosas que están as mimosas polo Ribeiro! E o río cheo por baixo das pontes, e os recunchos onde se abrigan os patos nos encoros. É que o mar é demasiado acaparador, asolaga todo e parece que só é el no mundo.
eu agora vivo sen el. a costa máis próxima está como a cinco horas por estrada. sempre pensei que non podería vivir sen o mar pero descubrín que a relación que teño agora con el é diferente. máis lírica, se se quer. especialmente cando volto alá. é bonito decatarse de que cada mar e cada océano son diferentes. e pensar tamén que non é máis que auga o que me separa da casa
Sempre é difícil vivir lonxe (da casa) por moito que un saiba adaptarse. Só é auga, ou aire, ou horas de avión, a unidade de medida que se utilice non cambia o feito de estar lonxe. Vivimos coa nostalxia do que temos lonxe, sempre.
canta chuleria levas no porco ,Deus dixo que todo saira del e existia por el e resultas que agora todo vai a ti e acaba en ti , arre demo que agachados levavas eses poderes . de xeonllos te imploro que ante a tua presencia ( querida por certo ) concedasme algun tempo mais para desenvolver a minha persoa (sacarme o celofan quero decir ) besitos
Eu tamén teño ganas de desenvolverme na tua compañía, a ver mañá ao sair do choio se tes libre e tomamos algo mentres che explico que o post é unha lembranza do libro Océano Mar de Alessandro Baricco, no que había un fulano que estaba estudando cal era o sitio exacto onde acababa o mar. Gustárame máis Seda, outro do mesmo autor.
9 comentários:
o mar ás veces é pequeno coma un regueiro. outras, é grande coma un mundo, ou un mundo el propio
xa non sabe unha a que aterse diante del
Ás veces penso en como se podería vivir sen o mar, hai esperanza afastado da beiramar? E ao contrario, agora que teño que traballar no interior, en Ourense, sinto como que quitando do medio toda esa auga quédache máis sitio para apreciar outra beleza. Se viras o fermosas que están as mimosas polo Ribeiro! E o río cheo por baixo das pontes, e os recunchos onde se abrigan os patos nos encoros. É que o mar é demasiado acaparador, asolaga todo e parece que só é el no mundo.
eu agora vivo sen el. a costa máis próxima está como a cinco horas por estrada. sempre pensei que non podería vivir sen o mar pero descubrín que a relación que teño agora con el é diferente. máis lírica, se se quer. especialmente cando volto alá. é bonito decatarse de que cada mar e cada océano son diferentes. e pensar tamén que non é máis que auga o que me separa da casa
Sempre é difícil vivir lonxe (da casa) por moito que un saiba adaptarse. Só é auga, ou aire, ou horas de avión, a unidade de medida que se utilice non cambia o feito de estar lonxe. Vivimos coa nostalxia do que temos lonxe, sempre.
canta chuleria levas no porco ,Deus dixo que todo saira del e existia por el e resultas que agora todo vai a ti e acaba en ti , arre demo que agachados levavas eses poderes .
de xeonllos te imploro que ante a tua presencia ( querida por certo ) concedasme algun tempo mais para desenvolver a minha persoa (sacarme o celofan quero decir )
besitos
Eu tamén teño ganas de desenvolverme na tua compañía, a ver mañá ao sair do choio se tes libre e tomamos algo mentres che explico que o post é unha lembranza do libro Océano Mar de Alessandro Baricco, no que había un fulano que estaba estudando cal era o sitio exacto onde acababa o mar. Gustárame máis Seda, outro do mesmo autor.
Mándoche un esemese
O final é un o que lle marca o límite as cousas. Ó mar tamén.
Apertas.
Si, o caso é que non soemos decatarnos dese poder tan grande que temos.
Unha aperta, Raposo.
Casualités, estaba escuchando hoy la banda sonora de Silk :)
Enviar um comentário