Mostrar mensagens com a etiqueta xeografía. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta xeografía. Mostrar todas as mensagens

segunda-feira, 18 de abril de 2011

reset


dende o sofá
encóllensenos os límites
non hai como o aire
para estiralos,
quedar sen folgos
cen veces
facer un reset

domingo, 13 de março de 2011

Límites do océano

Aquí acaba o mar
non hai motivo para seguir coa pescuda
por moi fondo que sexa
o Oceano Mare remata aos meus pés

(Lembrando a Alessandro Baricco, e aquel ano
no que tamén lera Seda)


segunda-feira, 15 de novembro de 2010

O espigón do porto

o espigón do porto
onde os vellos van visitar
ao seu eterno enemigo
e soñar con Walvis Bay e Cape Town
alá lonxe, na mocidade
de tabernas e prostíbulos
nos que cantaban a Rianxeira
coa mesma morriña
coa que hoxe falan de South Africa

quinta-feira, 17 de junho de 2010

Flores de ortiga

Fleurs d'ortie, flores de urtiga
Esta foto xa a puxen no flickr pero repítoa aquí para que se vexa que as ortigas, amáis das propriedades medicinais, e o molestas que chegan a ser cando vas con pantalón curto, tamén posúen unhas fermosas flores.

No galego da miña infancia ás ortigas chamabámoslles "estrugas"

Ben, finalmente non son ortigas, débolle a aclaración a un tal marra

segunda-feira, 7 de junho de 2010

Os blogues da Idade do Bronze


Petróglifos de Mogor
Marín
Ría de Pontevedra
Galiza

segunda-feira, 17 de maio de 2010

Dia das letras

Hoxe mesmo o oso saiu da sua caverna
(o oso son eu, b.s.)

quarta-feira, 5 de maio de 2010

lovely piper - bonita gaiteira


Gaiteira e pandereteiras da banda de gaitas Tromentelo, actuando este domingo pasado na festa do muiño de Coiro (Cangas, O Morrazo, Galiza)

domingo, 11 de abril de 2010

Rio Tormes

O rio Tormes desde a ponte romana de Salamanca
(escapada fotográfica na viagem de trabalho)

quinta-feira, 8 de abril de 2010

Auga

Tiña ganas de achegarme aos encoros cheos a rebordar
Este é no río Tera, en Zamora
Cando unhas horas despois cheguei a Vigo
o mar pareceume un animal salvaxe, perigoso
mantido a raia polos edificios da beiramar
que terman del noite e día para que non escape da ría
pola terra adentro

segunda-feira, 29 de março de 2010

Panorámica da ría


Cruzando a ría, camiño do traballo
descubrín que a cámara fai fotos en panorámico
collín un cacho do ronsel e as nubes avanzando sobre
a península do Morrazo

Por certo que logo tiven que viaxar pola autoestrada ao norte do país e de volta había unha lua branca e unhas nubes laranxas fermosas, parecían diretamente vindas do sul, do blogue de Em@, mas chegaba tarde para o barco de volta e non tiven tempo de parar a fotografalas.

segunda-feira, 15 de março de 2010

Areia no cabeçalho


Esta foto é do mesmo día no que fiz a do cabeçalho, a areia é um bocadinho mais fina porque estava afastada da beira-mar; quando as ondas batem na praia sempre há uma zona onde a água leva os grãos mais leves e ficam os grossos, como acontece com a da foto da concha.

Por certo, a areia é a da praia de Liméns, nas costas de Cangas do Morrazo... na Galiza, b.s.

quarta-feira, 10 de março de 2010

Neve en Sanabria





Para os da costa a neve sempre é un espectáculo.
Onte, voltando a Galiza, na zona de Sanabria, provincia Zamora, comunidade autónoma de Castilla y León. Nesta comarca limítrofe coa Galiza e Portugal a língua oficial é a mesma que no resto de Castela, o espanhol, no entanto tamén se falan o galego (nas Portelas) e o asturleonés.
Sanabria (ou Senabria, ou Seabra) é unha comarca rica en línguas.
Ademáis alegrounos a vista coa neve.

domingo, 28 de fevereiro de 2010

Baixada ao mar

Suponho que a existência das marés tem algo a ver com o caráter dos povos que habitam nas beiras atlânticas. Sempre senti desassossego nas costas mediterrâneas, a sensação de que algo vai mal e não sabes o que é. Com muitos anos de diferência notei a mesma morna intranquilidade (em Cartagena e Alger) pela obstinação do mar a ficar imóvel, sempre a bater na mesma linha.

Supoño que a existencia das mareas ten algo que ver co carácter dos pobos que habitan nas beiras atlánticas. Sempre sentín desacougo nas costas mediterraneas, a sensación de que algo vai mal e non sabes o que é. Con moitos anos de diferencia notei a mesma morna intranquilidade (en Cartagena e Alger) pola obstinación do mar a quedar inmóbil, sempre a bater na mesma liña.

sexta-feira, 26 de fevereiro de 2010

Tenue de camouflage


Uniforme de camuflagem

quarta-feira, 24 de fevereiro de 2010

Barragem de Fridão

Para evitar destroçar a nossa natureza
mais info

segunda-feira, 22 de fevereiro de 2010

Udra

Penedos do cabo Udra
Bueu - O Morrazo
Galiza

domingo, 21 de fevereiro de 2010

Mentres o nh-lh non cheguen

Velaquí tedes a maneira de topar xuntas Galiza, Portugal, Brasil e Angola
(Esta tarde, no paralelo 42)

sexta-feira, 19 de fevereiro de 2010

Ferramentas


Como hoxe saíu o sol, e só traballo de tarde, aproveitei a mañá para dar unha volta polo porto. Había xente a desenredar redes, barcos de pasaxe e de pesca entrando e saíndo, gavotas e cormoráns.

segunda-feira, 15 de fevereiro de 2010

O rio no inverno

Havia anos que non voltava ao rio.
Desta vez non foi para banhar-me (aínda é inverno!)
fomos tomar un cafecinho aí ao fondo, sobre os arcos
para rematar a comida anual dos companheiros de trabalho

É no concelho de Mondariz Balneário. O máis pequeno de toda a Galiza, 2,1 km², arredor de 800 habitantes, umha soa parróquia. (Concelho .. municipalidade)

quarta-feira, 3 de fevereiro de 2010

Grisclaro


inverno dun lado e do outro da ría
nin os días grises son tan escuros
nin os claros se libran das interferencias
electromagnéticas