segunda-feira, 17 de março de 2008

Soberanía

Hoxe volveu cambiar o taxista, este é un rapaz novo que non lles anda a pitar ás rapazas, e temos conversas máis interesantes, ao outro cústalle un chisquiño falar o francés e amáis non conectamos tan ben. Estivome falando dun irmán que é médico en Francia e do seu pai inválido da guerra da independencia. E pensei na cantidade de sufrimento que custou a este país o deixar de ser colonia, e ben, hai que ser obxectivos e mirar as cousas sen prexuizos, aquí a parte máis fermosa da cidade é a colonial, parece como se dende a independencia todo tivese ido a menos, e agora, xa claro, por suposto, os dirixentes son de aquí, o país é soberano, pero a élite que goberna é totalmente allea ao pobo, penso que peores que os que viñan de fora, e hai moitos que nin sequera falan a lingua do país, só inglés e francés, e que levan aos seus fillos estudar fóra, e cando están enfermos van curarse a Europa ou aos Estados Unidos. E hai moita miseria. Independencia? Para qué? Vendedores de neboa. Vergonza.

1 comentário:

Zeltia disse...

para reflexionar.
(queda apuntado nun post-it no corcho do cerebro da cabeza como di unha amiga miña)