quarta-feira, 21 de maio de 2008

O começo duma etérea amizade


Xa encarguei unha botelha de Cacique vía Madrid, chegará o sete de xunho, pero mentres tanto os caldos do país vanme facendo companha, estes vinhos musulmáns, filhos do pecado, están óptimos, e como hoxe é véspera de week-end comecei esta amizade mercenaria coa botelha, doulle poucas horas de vida, o bo sempre é breve.

E levaba uns días de desconexión, marchara trabalhar a Annaba, preto de Túnez, e Constantina, a das sete pontes, e qué é o que vin...? pois o talher (a oficina) e umha habitación de hotel cuns olores inesqueciveis, ah, tamén topei un bar onde Belqacem e eu tomamos umha cura de cervexa. Mi madrinha! cánto trabalho! E cántas horas de viaxe!

O melhor destes días? Os miles de cigonhas que vin durante a viaxe, ténhenlhes nas torres de alta tensión umhas bandexas onde fan os ninhos, todo un pracer para quen goste dos bichinhos, coma min. Impresionante. E as paisaxes do leste do país topeinas máis fermosas que as do caminho de Orán. Por fin crucei a Cabilia, terra de homes orgulhosos da sua cultura. Algún día irei a Tizi Ouzu, agharrar unha boa, en memória de Matoub Lounés, que conqueriu coa sua loita facer do Cabil a segunda lingua oficial de Arxelia.

Hala, boas noites, vou facer un ovos fritidos para que o vinho non se deprima ao verse soinho no estómago.

4 comentários:

llll disse...

ten coidado co vinho. é un amigo traidor. dígocho eu. onte tirei ben del. sobre todo en soidade non se recomenda. mellor en compaña. sempre. agora ben, se che gusta tomalo tamén a soas, recoméndase unha boa dose de cine, ou algún bo grupo de música soando de fondo. Gino Paoli, altamente recomendable. pero tamén Sigor Rós. depende do estado de ánimo no que te atopes.

e o ron Cacique: o mellor, só ou cunha pedriña de xeo. se é 500 mellor. ultimamente é o que bebo cando saio, e dá un benestar xeneral que non se acada ó lle engadir refrixerios de cola ou outras barbaridades que lle quitan o sabor.

chim-pín!

rui disse...

Pois chim-pín, logho!
Grazas polos consellos, mirarei esa música para que me faga compaña. De cine non che entendo moito, pero onte, pensando neste longo sábado merquei un filme, La vita è bella, só guiándome pola foto da portada (tivo o gran premio do xurado hai dez anos en... Cannes)
Veña, a ghosar no Porriño!

Anónimo disse...

Fellni, tes que ver a Fellini. Roberto Benini é un pesado. as súas pelis sempre son iguais. La vita é Bella de todos xeitos é un clásico así que supoño que non está de máis que a vexas. pero Fellini! ese si que non defrauda.

Paz Zeltia disse...

estame quedando pena de non ter probado ese viño. eu soche moito de viño!, gústame ás comidas; pero tamén tomar unha copiña somentes para saborear, mellor en compañía craro, pero se non hai compañía que haxa viño!
lástima que me fai mal, non é que me emborrache, que xa antes de chegar a borracha me poño enferma, debe ser o meu fígado que non o cola ben... e se é ron e esas bebidas fortes, xa para o hospital.
Pero co viño, imos eu mais él tomándonos a medida.
E gústame explorar outros gustos e retrogustos.
:-)