quarta-feira, 2 de julho de 2008
Câmara lenta... e úmida
A calor como un animal inmenso cólase ás paredes de chapa e aos motores diesel das máquinas do tren e xa dende as sete da mañá ocupa toda a nave e os vestiarios e o almacén, e o camiño até ao mercado onde ás dez nos arrastamos, cos pés levantando o pó e as pedras, para recuperar algo da auga perdida, e na taberna tamén está agarrada aos fogóns, ao forno, á máquina do café, ese animal métese no meu cerebro e ralentiza as neuronas, e fai que me mova a cámara lenta, e que as sensacións cheguen tarde demáis... torpe, mollado, como no fondo dun mar volcánico, cocido, penando e seguindo adiante. Ás doce saímos para o xantar, paseo abafante de vinte minutos para poder comprar una cervexa fresca, mas, peculiaridades do país, non podemos bebela na rúa, e cando votamos con ela ao refuxio xa está morna, miséria, e suar e suar, e derreterse. E agora por fin na casa, sen aire acondicionado porén coas ventás abertas hai unha corrente agradabel, e a auga da ducha borra toda esta lentitude do meu corpo, espértame. Mañá fin de semana. Pelo menos temos as andorinhas que papam as melgas, nem tudo ia ser sofrimento!
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
3 comentários:
E como eu conheço este teu filme em câmara lenta!!! Excepto a parte da cerveja!! Sorte que água pode beber-se por todo o lado e lá ando eu, sempre, com a minha garrafa de água!:D
despois de ler isto xa me mete medo o mes de agosto!
[hoxe é sábado, noite, xa case a 1 da mañá. despois dunha tarde salvaxe de compras coa familia, aquí estou dudando se porme a ver unha peli -teño varias esperando-, adormecer coa tele, ou continuar a lectura de Rui.
Decido que isto último, hoxe lerei o mes de xulio.
Aquí, á miña beira un rioja e un plato de xamón [ibérico, que xa euq é sábado haberá que darse un gusto!]
hónrame a tua constancia! agora cústache avanzar, nese ano escribín moito, tiña as tardes, a maioría delas, para min só, e en Arxelia todo era novo para min, había unha chea de temas que me chamaban a atención.
Pero como podes temer a calor vivindo na Coruña? Entón se estiveses en Ourense non te ías separar do aire acondicionado
Enviar um comentário