domingo, 28 de fevereiro de 2010

Baixada ao mar

Suponho que a existência das marés tem algo a ver com o caráter dos povos que habitam nas beiras atlânticas. Sempre senti desassossego nas costas mediterrâneas, a sensação de que algo vai mal e não sabes o que é. Com muitos anos de diferência notei a mesma morna intranquilidade (em Cartagena e Alger) pela obstinação do mar a ficar imóvel, sempre a bater na mesma linha.

Supoño que a existencia das mareas ten algo que ver co carácter dos pobos que habitan nas beiras atlánticas. Sempre sentín desacougo nas costas mediterraneas, a sensación de que algo vai mal e non sabes o que é. Con moitos anos de diferencia notei a mesma morna intranquilidade (en Cartagena e Alger) pola obstinación do mar a quedar inmóbil, sempre a bater na mesma liña.

sexta-feira, 26 de fevereiro de 2010

Tenue de camouflage


Uniforme de camuflagem

quinta-feira, 25 de fevereiro de 2010

Memória

Últimamente comezo a notar uns espazos en branco
nas gavetas do país dos meus recordos
é posible que estean a fallar algunhas autoestradas
neuronais, maiormente por falta de manutención
han estar cheas de buracos e coas liñas deleídas
por veces son anos enteiros que se borran
até que unha imaxe reflota o groso daqueles meses
por veces só unha noite que quería conservar
entre envoltórios de xabón aromático
e perdo o enderezo electrónico daquel soño

non quedan fotos nin frases que revivan
o sabor salgado dos camiños
que marcaba con saliva sobre o teu corpo
nin a éxtase que me provocaba
a tua perda temporal de dicción

nin o arrecendo da tua roupa
pousada na cadeira do cuarto


e aínda que a automedicación é desaconsellabel
ou polo menos contraproducente na cura de certos males
penso que neste caso de patoloxía ben definida
podo arriscarme a propor un tratamento
de choque, cunha posoloxía bastante elástica
tanto como o colchón onde se recupere
tanto tempo perdido

só por reparar os desperfectos
das conexións neuronais
enténdase

Des charmes de ma mie
j'en passe et des meilleurs
vos cours d'anatomie
allez les prendre ailleur

G. Brassens

quarta-feira, 24 de fevereiro de 2010

Barragem de Fridão

Para evitar destroçar a nossa natureza
mais info

segunda-feira, 22 de fevereiro de 2010

Udra

Penedos do cabo Udra
Bueu - O Morrazo
Galiza

domingo, 21 de fevereiro de 2010

Língua galega

No dia internacional da língua materna
Como nos miran os outros
Necesidade de uma grafia próxima à do português
Medo a voltar à condición de dialeto
Antes do castelhano, agora do português
Mesmo se a nossa órbita natural é a da lusofonia

Mentres o nh-lh non cheguen

Velaquí tedes a maneira de topar xuntas Galiza, Portugal, Brasil e Angola
(Esta tarde, no paralelo 42)

sexta-feira, 19 de fevereiro de 2010

Ferramentas


Como hoxe saíu o sol, e só traballo de tarde, aproveitei a mañá para dar unha volta polo porto. Había xente a desenredar redes, barcos de pasaxe e de pesca entrando e saíndo, gavotas e cormoráns.

quinta-feira, 18 de fevereiro de 2010

No Náutico de Vigo

Tanta escola de vela, tanta escola de vela e ao final a metade dos veleiros da ria andan a motor.
Burguesia galega desnortada, o norte é a Galiza, eles están coa cabeza en Espanha. Vexo-os pasear polas rúas céntricas, falando castelhano, levando os seus filhos cos uniformes das escolas privadas máis prestixiosas o cal non lhes garante umha melhor formación, só umha barreira para se separaren do povinho. Perpetuación do tópico... Galiza nunca tivo burguesia, a pouca que hai é espanhola.
Cuanta inoráncia hai en el mundo!

segunda-feira, 15 de fevereiro de 2010

O rio no inverno

Havia anos que non voltava ao rio.
Desta vez non foi para banhar-me (aínda é inverno!)
fomos tomar un cafecinho aí ao fondo, sobre os arcos
para rematar a comida anual dos companheiros de trabalho

É no concelho de Mondariz Balneário. O máis pequeno de toda a Galiza, 2,1 km², arredor de 800 habitantes, umha soa parróquia. (Concelho .. municipalidade)