domingo, 16 de março de 2008

eñe agá

Pois, non, non escribo en reintegrado! ou sim, que máis tem, jà somos poucos para ainda por riba estarmos a pelexar. Que nom, que o que tu fazes nom é galego, isso é um castrapo! Bah, non hai que ser tan esixentes, mesmo a gheada así, escrita me mola, me gusta escoitala, as duas, a do jota e a do h aspirado, máis a seghunda. Quero dicir que si, que habería que porse de acordo e quizais en achegándonos á normativa do português teriamos máis posibilidades dunha proxección internacional, pero o galego xa non é portugués, ou o portugués xa non é galego e, meu amigho, xa non se pode dar marcha atrás, porque de que lle vale ao home ganhar o mundo se perde a sua alma? ou dito noutras palabras, de qué nos vale ter proxección internacional se se perde a nosa lingua. Vale que podemos escribir nh, e lh e hífens entre verbo e pronome, ou mesmo as palavras rematadas por m, ou mudar bes por ves, mesmo escrever s duplo (aínda que non vala de nada, o s intervocálico pronuncia-se coma o z em português, pero en galego sempre é s), pero hai cousas que non casan, e o do j non hai maneira de aquelalo, porque em português hai os dous sons, o j e o x, "jà o deixo" pero para nós sempre é pronunciado "xa o deixo", ou sexa, redoblar esforzos para reflexar na escrita sons que non temos na fala.

Bem, para min non hai problema, encántame ler en português, e en galego, se escriba como se escreva. O importante é que seja fértil!

E agora vou preparar a cea. Beijinhos!

3 comentários:

Zeltia disse...

vaia!
alguén práctico!
gústame esa reflexión túa
só nos falta andar a pelexar entre nós.
ou rirse os que saben (coma tí)
das persoas que cometemos erros (coma min)
ou non temos fluidez falando,
e axudámonos dalgunha palabriña en castelán para poder espresarnos, mentres imos facéndonos cun pouco de vocabulario!
porque claro, miña avoa os seus problemas existenciais solucionabaos co rosario.
i eu preciso verbas.
ainda que non me solucionen os problemas deses!

atopar unha postaxe coma esta, ben merece ler algo máis deste blog.

virei con tempo, que agora teño que ir tomar o café.

saúdos dende a coruña.
(eu non era bilingüe, era galegofalante nada máis, unha nena da aldea,
pero `´os 7 anos troux`´eronme para a coruña, e despois tampouco era bilingüe, só falaba castelán. xusto agora que emprendo a costa abaixo cara a decrepitude me animo a volver ás orixes. seica adoita ser asi)

rui disse...

Pois vaia, o primeiro comentario que teño no primeiro post do blogue! E iso que hai dous anos que o comecei.

Eu non sei nada, non vaias pensar, sonche de ciencias... máis ben son de efepé.

Alégrame que che guste a entrada. A maioría do blogue (ata xuño do ano pasado) escribino estando en Arxelia, así que moito do que falo é sobre cousas vividas alí. Se les algo xa te decatarás que non está adicado a un tema en especial.

Pois eu tampouco era bilíngüe, eu só falaba castelán (ben, o castelán noso cheo de palabras en galego) na familia e no barrio os adultos falaban galego, pero para os nenos querían "un futuro mellor". Comecei aos dezaoito ou dezanove anos a falar na nosa língua, e agora (por desgracia!)xa levo máis anos de galego que de castelán.

E con respeito ao post, o certo é que o importante é falalo e escribilo, e non a grafía ou a variante dialectal na que se faga, ou empregando palabras en castelán (sempre que conviven duas línguas hai intercambio entre ambas) porque non estamos sobrados para excluir a ninguén.

Agora, hai uns meses, teño unha teima coa aproximación da grafía galega á portuguesa, como solución para garantir o seu futuro, e tamén por proximidade histórica. Xa sei que é só unha utopía

Ben, en fin, estou a extenderme de mais, pero é que me fixo ilusión que comentaras neste meu primeiro post.

unha aperta

Zeltia disse...

si home si: parece que só tiveran valor os posteos máis recentes.
E cando se descubre un blog que chama a atención (polo que sexa) tanto tén a data que teñan ¿non si?
(salvo eses blogs que só tratan temas de rabiosa actualidade)

pois faime ilusión que che fixera ilusión
:-)

xa estiven botando unha ollada lixeira.
vou ver logho que cousas contas de arxelia, porque eu, que viaxo pouco, e interésanme máis ben os "dia a dia dos sitios" e non só o que vén nas postais,
ler as experiencias e impresións de xente que vive fora, dame unha perspectiva moi realista.
Sempre me gustaron as cousas que contan os viaxeiros (non os vacacioneiros)