sexta-feira, 9 de maio de 2008

Preguiza

Domingo de preguiza, poalla en Arxel e o son dos neumáticos dos carros pisando a auga da rúa éntrame pola porta do balcón como a música das olas do mar, monótona, tentando que adormeza, e hora tras hora vou baleirando o paquete de tabaco e facendo avanzar o marcador nas páxinas do libro que me transporta a Barcelona e me fai esquecer a miña cama demasiado grande e a certeza de que non hai avión para cubrir esta distancia que nos une. Domingo de isolamento, para non ser eu nin nada que se lle pareza, únicamente vivindo a vida doutra persoa, que sofre, que ama e que me emociona, deitado no sofá do cuarto do ordenador, sentindo a luz a devalar imperceptibelmente con cada minuto que pasa, como en éxtase levita a miña existencia, lene, lixeiriña como unha gota desta chuva fina levada polo vento, xa non teño corpo nin alma, son só un conto que alguén escribiu un día.

8 comentários:

Anónimo disse...

ti ben sabes que non concordo

llll disse...

qué linda a última frase... qué linda. oes, acabo de ver a túa despensa. prometíchesme a boliña de cristal, pero eu non vexo nada entre os chícharos e as bananas. traerásme unha para a vindeira vez?

beijo

rui disse...

Non hai fallo, a próxima vez que vaia á tenda traereiche unha daquelas que teñen ao lado das latas de sardiñas. É que esta compra xa a tiña feita cando lin o teu post.

rui disse...

ah, somriures per als anònims que no estiguin d'acord amb mi!

Anónimo disse...

moltes mercès

Paz Zeltia disse...

iso de vivir outra vida...
recórdame que eu vivín -e vivo- unha vida inesperada, coma o título do libro de Soledad PUértolas

rui disse...

O de vivir outra vida era lendo o libro durante a tarde do venres musulmán (que era o equivalente do domingo aquí). Non tiña nada que facer, pasei a tarde no cuarto do ordenador en total sintonía co protagonista do libro... creo que era La sombra del viento de Zafón.

Zeltia disse...

ai, pois grazas por dicirmo. tomarao eu no sentido de estar vivindo unha vida coma se non fose túa, como se fose entreparéntesis, ou de prestado.
Pero claro, tiña máis sentido o que dis tí
(o que pasa que un sempre o ve da única maneira que pode: dende o seu propio punto de vista)