Uns días de repouso na cidade do pecado, non creo que me faga dano, xa alí me propuxeron na rúa substâncias das que non pagan tributo ao estado, non é que vaia eu mercar nada, mas é unha alegría saber que, tu, se quiseres, podes! E assim, vaise pasando o ano, viaxiño a Sodoma, paseio até a vila da oración, semanas de estancamento na capital... todo vai tan, tan lento aquí, e agora coa calor a velocidade redúcese aínda máis, todo o bo é non comezar a retroceder!
Comezo a terceira cervexa antes de facer a mochila para a viaxe de mañá, non teño presa, non hai gran cousa que levar, o abrigo e a bufanda non os precisarei. Invitei ao colega de Sanguinheda para axudarme a deixar a nevera baleira, entre dous daremos antes conta delas, e de paso botarame unha manciña para tornar esta puta soidade que se me cola en días como hoxe e non hai xeito de sacudila, é coma un mel basto que me cobre, doce no primeiro, mas logo abafante, incómodo, molesto... tamén a culpa é miña, ho, só a min se me ocorre porme a escoitar cancións de hai vinte anos!
Vale, o doutor do anterior post non tiña receita para os males destes últimos dez anos, aínda así estou a pensar en comezar coa capoeira cando volte ao país, para lle demostrar que je m'en fous! Vamos, que me importa un ... (em galego pode-se dizer, mas em português não fica bem)
Ben, vou preparar o arroz, coa cebola e o alho, e uns filetes de perú. Fiquei contente e famento hoxe ao mirar os pementos de padrón, o polvo e as vieiras... contente e con ganas de voltar a Galiza, non é que cociñemos coma os vascos, mas temos melhores produtos ca eles. Temos um país grande! O día que sexamos só un chisquiño máis orgulhosos comeremos o mundo, nem americanos, nem chineses! nous, le centre du monde!
6 comentários:
Querias, Galego, querias!! Mas não te esqueças que tens Portugal pelo meio!!!
Pois foi uma maldade que eu te fiz! Realmente! Mas para Agosto já falta pouquito e já vais poder atacar estas iguarias a teu bel prazer.
Fica bem
Esqueci-me de te avisar que chega só um português para vos causar uma perfeita indigestão!
Não nos tentem comer outra vez! :D
Então começaremos pelos espanhóis, que são menos indigestos!
Excelente ideia, Galego!
a soedade pegañenta tamén, ás veces, me visita.
mira que planificación asombrosa (para un home desorganizado coma min. Pensei en comezar a capoeira en xullo do 2008 e comecei a entrenar en novembro de 2009. Agora levo xusto ano e medio "a treinar" e estou moi contento dos resultados, aínda que son demasiado perfeccionista e nunca me parece que faga as figuras o suficientemente ben.
O deporte tamén é unha boa excusa para tornar a soidade.
Enviar um comentário