Esta semana seguirei a traballar nun proxecto que xa hai tempo levo madurando no sitio onde se poñen as ideas xunto ás mazáns, si, si, talmente coma se fai cos kiwis do país, para que amolezan, collan azucre e perdan o amargor. O estudo teñoo xa bastante adiantado e, se todo vai como espero, suporá un avance sen precedentes no nivel cultural da poboación en xeral e da xente nova en particular.
Trátase da... en fin, teño dificultades á hora de porlle un nome, tanto máis canto unha porcentaxe bastante alta das posibilidades de éxito radican en algo a priori de tan pouca importancia como o nome. Porque que mais pode ter que se chame cocido ou soupe-au-choux, o importante é o sabor e o nome non conseguirá cambiarllo. Pero se falamos dun produto novo, totalmente descoñecido no mercado... aí si que xoga un papel importante esa etiqueta, porque antes de que se poida decidir que, efectivamente, o seu sabor é bo, é necesario probalo, pero se aparece coa denominación birriax-nonmecomax, poño por caso, o mais probable é que teña pouca saída, aída que sexa o máis delicioso dos manxares.
Ben, feito este desvío innecesario para explicar algo xa de todos coñecido, mellor será que defina o tema e o nome iráselle achegando pouco a pouco.
Este é un aparello, aparato, ou device, como din en inglés, que ten a facultade de puntuar a poesía. O funcionamento é simples, basta con escribir o poema en cuestión (co tempo bastará co copy-collage) e darlle a aceitar. En poucos segundos a máquina sacará unha puntuación, entre 0 e 100, cun breve comentario explicativo da razón de tal nota. Poño por caso, escríbolle:
naquel biduido dos bidos louzanos
o páxaro sol non pía seus raios
e morre de amor
e a resposta non tardaría en aparecer, poño por caso, como “57” - “escasa innovación, rusticidade démodée” e o usuario se faría unha idea do valor obxectivo deses versos.
Coñecendo o valor real da poesía, saberíamos alimentar o espírito cunha dieta equilibrada en nutrientes, vitaminas e oligo-alimentos, provocando un enriquecimento cultural que xa a medio prazo revertería na sociedade nun incremento, digamos que do 20 por cento, do índice de desenvolvemento humano.
Podería chamalo versobxetivator ou émeuversoflorido?, ou aínda espelhinho-espelhinho. Xa, estou ouvindo desde aquí, os protestos e as protestas de xentes de toda condición que poñerán en cuestión a utilidade deste invento sen ter en conta que a base de calquera cultura é a poesía, sexa a dun pobo do amazonas, ou a dos que tradicionalmente se consideran civilizacións máis cultas, a rusa, a alemana, a francesa...
Que a poesía é o alicerce de calquera cultura é un axioma, cousa que nos evita ter que fornecer unha demostración. E preguntarédesvos (o questionar-se é bom!) quen é o que decide o que é ou non é axioma? A resposta é instantânea, como o nescafé: aquí, eu, que son o dono deste recuncho no que de cando en vez veño deixarvos un texto pequeno, apenas un papel colado á vosa porta.