quinta-feira, 17 de abril de 2008

Pretensións

Pretender... yes I'm a great pretender. Non, que non, que non teño pretensión ningunha, só faltaría que os mecánicos quixeran facerse co poder, o poder non poderemos telo nunca porque xa o teñen as máquinas, elas son as donas do mundo, nós só somos os seus servos, os seus médicos, os seus compañeiros. E cando elas declaran a folga hai que lles facer moitas cóxegas e moi ben feitas para que abandonen e sigan a mover o mundo por nós. E nunca pensei que remataría así, atado polo pescozo a elas, como o seu canciño. Eu que temía o motor do coche do meu pai, menudos traballiños, agharra aquí, dáme a doce-trece, pásame a estopa... e non tiña nin idea de como funcionaba, só anos máis tarde cheguei a perderlle o medo ao diesel, mundo sucio de aceite e graxa, pero moi gratificante cando se convence a un deses bichos de porse de novo ao traballo.

Coas máquinas xa hai anos que me reconciliei, aceptei o seu dominio, o que non consigo perdoar é o sistema educativo que me criou, para que mundo nos preparaban? para este no que vivo por suposto que non, ou será que a miña mente é lenta e me custou anos conxuntar as duas cousas? en fin, de nada vale queixarse agora, espero que hoxendía non sigan a facer as mesmas parvadas que do meu tempo, e que despóis de oito anos de estudar inglés xa poidan manter unha conversa fluída, non coma min que só me quedei con aquilo de aidontespikinglis.

1 comentário:

Paz Zeltia disse...

seguirá igual... ainda qu eu teño unha amiga mestra de nenos de 8 anos, e o que esta muller fai de entretenido o ensino!, pégame gana de volver á escola (a miña mestra de primaria era mala mestra e mala persoa, ou nin eso... cara de condición cativa)