Hoxe, que é día de descanso musulmán, teño moito tempo libre e como sempre, para matalo e combater a soidade, veño de novo ao blogue, escribir trapalladiñas, encher as horas. Quixera tamén fregar de novo o balcón, grabar algo para o festival dos mallos e estudar unha horiña o árabe do maghreb, que é unha pena, hai rapaces simpáticos que chaman por min para falar un rato e non entendo nada, sei cousas básicas, fai frío, calor, chove, beber café e pouco máis, con iso non dá para manter conversa algunha. Quíxenlle dicir que baixaba traballar pero só coñecía abaixo el-taḥt e o traballo el-khedma, que a todas vistas é insuficiente para facerlle chegar a idea que quero. Agora xa preguntei: raieḥ nekhdem, vou traballar. É curioso como a primeira persoa de singular é N, coma no euskara, ni naiz (eu son), nik lan egin dut (eu traballo), supoño que xa hai unha chea de lingüistas que repararon no caso. Despóis as outras persoas xa se parecen máis ás linguas latinas, Tgoule (ti dis), Egoule (el di), e a primeira do plural tamén, NroḥO (nós imos), NekherdjO (nós saímos). Ben, menudo camiño que me queda ata meter todo isto na cabeza! Encantaríame poder volver ao Morrazo e entenderme coa comunidade marroquina, na sua língua.
E logo, cando saia dunha tenda e me digan como agora "vive la Turquie!" (porque son moreno) poderei respostar "lâ, khuyâ, anâ galizî... e iso onde queda? pois non, non é ao lado de Játiva, máis ben de Portugal".
Por certo, ás laranxas chámanlles Tchina no árabe do país, pero no estándar é Bourtouqal, e seica ven de Portugal. Non sei, non sei...
4 comentários:
Boa sorte com o árabe. Eu tentei, mas confesso que desisti quase logo dada a complicação da coisa. Falta de tempo e de disponibilidade mental. Mas lá que tenho pena tenho. Tenho pena de não falar e tenho pena de não escrever.
Se como creio passo todo o ano no país, espero chegar a o comprehender um bocadinho, in-sha`allâh! Porém a língua falada na rúa não é ensinada nas escolas, nem há académias para a aprender, e esta é a que eu quero conhecer, não o árabe padrão, que só é falado na televisão e na rádio. E para isso tenho que andar todo o dia com o meu cadernito a anotar cada nova palavra. Mas depois, as passar à cabeça já é máis complicado.
Obrigado pela visita. Allâh ibârek!
Mimadriña! e atópaslle parecidos!
Espero que teñas aprendido o suficiente do idioma para facerte entender, para comprender máis e mellor e integrarte máis, e lograras así arredar un chisco esa soidade que por estas datas do post che pesaba algo.
pois non, non cheguei a aprender o suficiente.
Pero para a integración decateime que máis que a língua (porque en francés enténdíaste cunha grande maioría) importaba a relixión, e iso si que non ía cambiala, primeiramente porque non teño ningunha, e xa de vello non vou voltar ao rego dos vendedores de parcelas no paraíso.
Enviar um comentário