sábado, 19 de abril de 2008

A tormenta

E agora, tamén, son eu o que se pregunta para que serve todo isto do blogue, un pasatempo para encher estas horas mortas que me matan? ou quizáis un rodeo que estou a dar, unha volta inmensa que fago para non comezar o traballo? pode ser que nin sequera sexa unha volta, poida que só estea na cinta do ximnasio, camiñando, correndo pero sen me mover do sitio, sempre vendo o mesmo á miña fronte, nada muda, miles de pasos e sigo onde estaba cando subín a ela, co reflexo da miña cara na parede acristalada, o único que vexo, e que non me axuda, nin me dá ideas de como dar marcha atrás ou de como coller un desvío. E como sempre, covardía, quixera ter ás de voitre e contemplar a miña vida dende o alto, como un espectador que pode xulgar a rotura dun encoro e os danos provocados sen ser salpicado polas augas. Fuxir non serve, cando serviu? correr e correr como agora só fai pasar o tempo, patienter en attendant que la foudre vienne faire éclater ce barrage d'eau morte, stagnante. J'ai peur de l'orage. Rezaría, se crera en deus, para que el fixera todo, pero estando só como estou terei que crear o raio, mesmo se comezo frotando duas pedras, cunha muxica pequeniña, sempre será algo. Todo mellor que seguir aquí, ollando este rostro cada vez máis engurrado, estragando a imaxe idílica da piscina que se ve atrás do cristal.

2 comentários:

Anabela Magalhães disse...

Não mesmo, fugir não serve!
Caminhar, sim... caminhar é bom!

rui disse...

صحّة