sábado, 24 de outubro de 2009

Livros de texto

Tantas palavras por conhecer!
Tantos falsos amigos!

quinta-feira, 1 de outubro de 2009

setembro-outubro


Esta mañá non souben que estabamos en outubro ata que o vin nas follas da oficina, pero xa vindo no coche pola noite a neboa asustoume, fíxome reducir bruscamente. Logo ás sete da mañá parecía que quería entrar polos portóns do taller empurrada por unha luz pocha, destas de cando remata a película coa fin dunha guerra onde morren os protagonistas todos. Menos mal que só durou uns segundos, logo xa non volvín a mirala, correndo como un coello de un lado para outro. Teño o corpo escarallado, para ser fino diría mon petit corps meurtri, pero non o son e só podo definir o meu estado como bastante escarallado. A ver se se me disolve esta preguiza e paso a anotarme no ximnasio para estirarme, ou descomprimirme.

Por iso fun onte á praia, como antonte e no nantronte, tentando disolver esta graxa negra que me perfora a pel e como unha nicotína cólaseme por dentro. Mas non sabía que era o último día de setembro e estabamos sós, o mar o barco e máis nós, nin sequera viñera o sol, estaban a desmontar o chiringo, uns rapaces abrigados con chaquetas paseaban os cans e, claro, tampouco viñeras ti a espreitarme mentras finxía ler deitado na toalla. Así que onte tomamos un baño rápido, démoslle de comer as anémonas deixándolles que nos chuparan os dedos, merendamos e voltamos con frío e ganas de caldo quente.

E así rematou setembro, sen que me tivese decatado. De novo con dificuldades para ler os sinais do ceo.