domingo, 28 de fevereiro de 2010
Baixada ao mar
Supoño que a existencia das mareas ten algo que ver co carácter dos pobos que habitan nas beiras atlánticas. Sempre sentín desacougo nas costas mediterraneas, a sensación de que algo vai mal e non sabes o que é. Con moitos anos de diferencia notei a mesma morna intranquilidade (en Cartagena e Alger) pola obstinación do mar a quedar inmóbil, sempre a bater na mesma liña.
sexta-feira, 26 de fevereiro de 2010
quinta-feira, 25 de fevereiro de 2010
Memória
nas gavetas do país dos meus recordos
é posible que estean a fallar algunhas autoestradas
neuronais, maiormente por falta de manutención
han estar cheas de buracos e coas liñas deleídas
por veces son anos enteiros que se borran
até que unha imaxe reflota o groso daqueles meses
por veces só unha noite que quería conservar
entre envoltórios de xabón aromático
e perdo o enderezo electrónico daquel soño
non quedan fotos nin frases que revivan
o sabor salgado dos camiños
que marcaba con saliva sobre o teu corpo
nin a éxtase que me provocaba
a tua perda temporal de dicción
nin o arrecendo da tua roupa
pousada na cadeira do cuarto
e aínda que a automedicación é desaconsellabel
ou polo menos contraproducente na cura de certos males
penso que neste caso de patoloxía ben definida
podo arriscarme a propor un tratamento
de choque, cunha posoloxía bastante elástica
tanto como o colchón onde se recupere
tanto tempo perdido
só por reparar os desperfectos
das conexións neuronais
enténdase
Des charmes de ma mie
j'en passe et des meilleurs
vos cours d'anatomie
allez les prendre ailleur
G. Brassens
quarta-feira, 24 de fevereiro de 2010
segunda-feira, 22 de fevereiro de 2010
domingo, 21 de fevereiro de 2010
Língua galega
Como nos miran os outros
Necesidade de uma grafia próxima à do português
Medo a voltar à condición de dialeto
Antes do castelhano, agora do português
Mesmo se a nossa órbita natural é a da lusofonia
Mentres o nh-lh non cheguen
sexta-feira, 19 de fevereiro de 2010
Ferramentas
quinta-feira, 18 de fevereiro de 2010
No Náutico de Vigo
Burguesia galega desnortada, o norte é a Galiza, eles están coa cabeza en Espanha. Vexo-os pasear polas rúas céntricas, falando castelhano, levando os seus filhos cos uniformes das escolas privadas máis prestixiosas o cal non lhes garante umha melhor formación, só umha barreira para se separaren do povinho. Perpetuación do tópico... Galiza nunca tivo burguesia, a pouca que hai é espanhola.
Cuanta inoráncia hai en el mundo!
segunda-feira, 15 de fevereiro de 2010
O rio no inverno
Desta vez non foi para banhar-me (aínda é inverno!)
fomos tomar un cafecinho aí ao fondo, sobre os arcos
para rematar a comida anual dos companheiros de trabalho
É no concelho de Mondariz Balneário. O máis pequeno de toda a Galiza, 2,1 km², arredor de 800 habitantes, umha soa parróquia. (Concelho .. municipalidade)
sexta-feira, 12 de fevereiro de 2010
Soltoistoassimeprontovoilàc'esttout
Teño unhas ganas poderosas de comezar a escribir e encher fólios e fólios con algúns asuntos que me morden nos cabos de interconexión dos neurônios... mas, pluf, pluf, todo fica bloqueado, non aparece claramente unha estrutura na que ir colocando estas cousiñas. Ìa o asunto dende o relato do cafeciño pracenteiro que tomei unha tarde desta semana na cidade, cun amigo, até à asfixiante presión que a extrema dereita espanhola esta-me a fazer nas glándulas máis sensíveis, pasando polo sindicalismo que por desgraça exerce unha atracción gravitatória selectiva que afecta maiormente aos preguiceiros, aos enemigos declarados do trabalho. Tamén están corroendo as auto-estradas da comunicação do meu cerebro temas do máis diverso, a pouca eficiência das axudas internacionais para as catástrofes naturais ou, máis a miudo, provocadas, o proceso ao xuiz Garzón por querer investigar os crimes da ditadura espanhola (uiuiui! já vão dois espanhois no mesmo texto!), a pouca fe que teêm os políticos galegos na nossa cultura, a soluição é suicidar-se como país, passar a falar o castelhano e o inglês, e a tocar as gaitas escocesas --- hala, esquece toda esta paifocada da Galiza.
Ben, tamén quixera falar marabilhas da triloxía sueca de moda, por suposto que caín preso dos seus charmes até bem entrada a noite, alguma lagriminha também teve de ocultar, discretamente camuflada cum bocejo, ou cum amago de resfriado sobretudo cando ía lendo no barco, “não é bom que o homem chore em público” que dizem as sagradas escrituras da masculinidade. Si, o Larsson fiou tudo bem fiado, pondo muitas celadas aos corazoncinhos delicados tel que le mien! Ben, como sei que abusei estou agora lendo aos bocadinhos, podería dizer siroter, ao Kant, questao de exercitar o cerebro como tratamento preventivo contra as enfermidades da memória.
Tenho uma vontade poderosa de começar a escrever e encher fólios e fólios... mas não é de boa educação ocupar em excesso o tempo dos leitores, a rede é tão – tão vasta que já não roubo mais espaço-tempo. Bi-quinhos. Bei-jinhos.
Nota: se seguem em aumento os leitores brasileiros e portugueses vou ter que mudar de grafía e apostar firmemente pelos nh, lh, etc
quarta-feira, 10 de fevereiro de 2010
O neno e a vaca
O que fora o meu paraíso, a Galiza rural da miña infancia.
Qué rapaciño máis guapo! Ben, dende aquela gañei algo de peso e de estatura aínda que perdín en fermosura, en fin... non se pode ter todo.