quinta-feira, 17 de junho de 2010

Flores de ortiga

Fleurs d'ortie, flores de urtiga
Esta foto xa a puxen no flickr pero repítoa aquí para que se vexa que as ortigas, amáis das propriedades medicinais, e o molestas que chegan a ser cando vas con pantalón curto, tamén posúen unhas fermosas flores.

No galego da miña infancia ás ortigas chamabámoslles "estrugas"

Ben, finalmente non son ortigas, débolle a aclaración a un tal marra

segunda-feira, 7 de junho de 2010

Os blogues da Idade do Bronze


Petróglifos de Mogor
Marín
Ría de Pontevedra
Galiza

sexta-feira, 4 de junho de 2010

Perigos

Nun día nublado de primavera, a dama paseando de vagar polo monte non repara nas flores que a espreitan.

Nos tempos antigos as xentes tiñan medo do bosque, dos perigos coñecidos e dos escuros perigos. Hoxe en día non é ningún risco adentrarse polo camiño fondo nas sombras húmidas, afastarse do carro e ir apagando a cada paso o ruído dos trebellos, do caucho, do aceiro, da fibra, do gasoil --hai trinta anos que morreu o derradeiro lobo da comarca. E contra o temor ao descoñecido sempre topamos a ecuación que o acota dentro duns límites estreitos, prisioneiro da nosa lóxica.

Mas os perigos agáchanse nas cousas fermosas para as que non temos defensa.