sexta-feira, 4 de junho de 2010

Perigos

Nun día nublado de primavera, a dama paseando de vagar polo monte non repara nas flores que a espreitan.

Nos tempos antigos as xentes tiñan medo do bosque, dos perigos coñecidos e dos escuros perigos. Hoxe en día non é ningún risco adentrarse polo camiño fondo nas sombras húmidas, afastarse do carro e ir apagando a cada paso o ruído dos trebellos, do caucho, do aceiro, da fibra, do gasoil --hai trinta anos que morreu o derradeiro lobo da comarca. E contra o temor ao descoñecido sempre topamos a ecuación que o acota dentro duns límites estreitos, prisioneiro da nosa lóxica.

Mas os perigos agáchanse nas cousas fermosas para as que non temos defensa.

7 comentários:

zeltia disse...

Cando eu era nena tíñalle medo ó lobo. (algunha vez sentínos ouvear na noite). Pero miña nai sempre dicia:
- os lobos que me dan medo a mín son os de dúas pernas!

As flores, os estalos, o "digital" son unha coñecida ás beiras dos camiños, rechamando coa súa cor fucsia no medio do verde. Todos estalamos os seus estalos moito antes de saber dos perigros e as virtudes desta pranta.

O último párrafo encerra ademáis "do final" "a finalidade" do post?

rui disse...

Eu de pequeno tiña medo de ir de noite ao baixo da casa, cando me mandaban buscar unha botella de gaseosa, íase por fóra e había unha bombilla que daba luz pobre, máis sombra que claridade. Sempre voltaba a correr desexando chegar á porta e pechala por dentro.

rui disse...

si, os perigos agachados na beleza

Em@ disse...

Rui:
Os bosques e as florestas "eram" habitados por muitos seres com poderes sobrenaturais...
é por isso que gosto deles, :D , fadas, duendes, elementais, bruxas, druídas etc..

Em@ disse...

Esqueci-me de dar-te os parabéns pela fotografia. Belíssima.

rui disse...

Aínda não sei tirar fotos, para conseguir uma boa tenho de fazer um monte de tentativas. Mais gosto de gardar recordações das coisas lindas que vejo. Esse dia dei um passeio pelo bosque e as margens do caminhos estavam cheias de dedaleiras e urtigas em flor, uma beleza. Ah, vou postar uma foto destas flores.

Anónimo disse...

aos perigos do monte non lle ten medo o home . Son outros homes e a falta de testigos o que lle oprime , a ausencia de ruido inicial e a chea deles cando se presta atencion o monte ten a sua propia orquesta
chao