sexta-feira, 29 de abril de 2011

A posibilidade dunha praia


Volve a praia, aínda fría e transitabel, pero xa apta para coller tons de pel escuros.

Volve tamén a tentación da viaxe, a fuxida, escapar a marte; creo que dende que sufrín a primeira enfermidade do deslocamento quedoume o virus no corpo e periódicamente aquelo os planos de evacuación, percorro mapas, descargo dicionarios, sobrevoo a história, logo imaxínome naquelas rúas, estranxeiro, gozando da saudade, facendo escapadas en tren, bebendo mares de viños locais.

Aínda que os aeroportos e as aduanas son os lentes que filtran os raios máis nocivos desta vida no noso país, onde os anos pasan sen engadir cicatrices á epiderme, como moito mudándolle a cor.

Agora, consultando a bola de cristal descubro que teño unha alta probabilidade de poñerme moreno durante o verán... é o que ten o viver a carón do mar.

sexta-feira, 22 de abril de 2011

Nietzsche revisado

Se Nietzsche twiteara hoxe a sua famosa idea, Deus está morto, viva perigosamente, etc, etc, non pasaría de ser un bromista máis incitando a sair de festa o venres santo.

segunda-feira, 18 de abril de 2011

reset


dende o sofá
encóllensenos os límites
non hai como o aire
para estiralos,
quedar sen folgos
cen veces
facer un reset