sexta-feira, 29 de abril de 2011

A posibilidade dunha praia


Volve a praia, aínda fría e transitabel, pero xa apta para coller tons de pel escuros.

Volve tamén a tentación da viaxe, a fuxida, escapar a marte; creo que dende que sufrín a primeira enfermidade do deslocamento quedoume o virus no corpo e periódicamente aquelo os planos de evacuación, percorro mapas, descargo dicionarios, sobrevoo a história, logo imaxínome naquelas rúas, estranxeiro, gozando da saudade, facendo escapadas en tren, bebendo mares de viños locais.

Aínda que os aeroportos e as aduanas son os lentes que filtran os raios máis nocivos desta vida no noso país, onde os anos pasan sen engadir cicatrices á epiderme, como moito mudándolle a cor.

Agora, consultando a bola de cristal descubro que teño unha alta probabilidade de poñerme moreno durante o verán... é o que ten o viver a carón do mar.

10 comentários:

Concha López Fernández disse...

O meu mundo é algo máis reducido, por preguiza. Pero como a miña pel non soporta o sol, boto de menos o son do batido do mar, non a pel morena.
Claro que o Miño ten un son que non se escoita noutros sitios!

Un saúdo.

rui disse...

O Miño é fermoso. O problema que ten o mar é que fai que teñas tendencia a desprezar o mundo do interior, o mar é impresionante e acaparador, pero hai vida lonxe da beira, e por suposto tamén beleza que ben pode competir coa da costa.
Saudos

oko disse...

sempre crin que o máis bonito que vin na vida foi o deserto. mais si, é certo que o mar atrapa. do mesmo xeito que atrapa esta vida nómada, e ese pracer estraño ao que chamamos saudade

rui disse...

Xa teño oído máis veces o da beleza do deserto, debe ser impresionante cando todos os que van o louban tanto.
A saudade é un pracer un pouco masoca, ás veces quixera poder librarme dela, ser outro, máis práctico, gozar de onde estea sen botar de menos nada, pero éme imposible.
(De todas maneiras non creo que volva marchar, polo menos a curto prazo, ou a non ser que o barco se afunda antes)

angel ppog disse...

sempre tan ti , tan poeta , tan tarantan
besitos

angel ppog disse...

sempre tan ti , tan poeta , tan tarantan
besitos

angel ppog disse...

repitome ainda que non queira eu tamen son tan ta tarantan

rui disse...

Que semaniña de traballo, en realidade que duas semaniñas de traballo. Sorte que este finde libro e podemos tomar uns vasos deste ou do outro lado da ria.

Anabela Magalhães disse...

Como me identifico com o teor do teu post!
E com o que se percepciona, aqui mesmo nos comentários, à mágica palavra deserto... não, nunca verei nada mais belo...
Beijinhos, Galego!

rui disse...

Quando falei na gente que elogia o deserto, bem seguro, estava a pensar em ti, a embaixadora das areias!