domingo, 31 de agosto de 2008

J'ai p'us d'rhum

Quén chora ca fermosura dos amenceres? sempre volven co seu rouge à lèvres maquillando as nubes, non tes tempo de os botar de menos, sempre volven. A fermosura das estrelas candentes que se cruzan unha vez e non volverás ver, esa si que crava as uñas nas meniñas dos ollos porque nunca máis, nunca máis virá o día. E tu dizes qualquer coisa, há alvoradas, mesmo se estão noutras galáxias, qualquer coisa que sirva de consolo para poder seguir a olhar pela janela.

Barco, visado, comisaría, vello

Afeito a cruzar a ría en barco, agora vou tentalo co Mediterráneo. Paguei unha fortuna polo billete, creo que con isto mercaba medio ferry, éche o que ten o ser estranxeiro. É que os avións estaban completos e o visado acábase esta semana, e como non quero líos coa policía, menos aquí, menos no ramadán que comeza mañá e que pon á xente fóra de si até á hora da última oración, cando os bandullos encollídos se poñen a rebentar. Iso, tento marchar como sexa, se non hai outro remedio irei incluso na sala de máquinas, antes que voltar á comisaría calquera cousa, non quero voltar, a primeira vez que fun e tivo que ser aquí, digo en Arxelia, até fago a circuncisión antes que voltar. Na miña xeración sempre houbo moito ódio á policia, eu nunca tiven tratos con eles, éranme indiferentes, mais agora que me tocou a min comprendo o porqué de tanta xenreira, basta que teñas unha mala experiencia de rapaz para quedar condicionado para toda a vida. A verdade é que o trato amábel que recibo en Barajas cando saio do avión de paso por Espanha faime pensar que moito melloraron, e como as cousas non mudan da noite para a mañá, tamén me fai pensar que xa vou vello.

sábado, 30 de agosto de 2008

Palm Beach


Aínda que pareza mentira
isto é unha praia
arxelina.
(o nome tampouco é inventado)

sexta-feira, 29 de agosto de 2008

Voar

Pasaron os anos un atrás o outro
como unha ráfaga de metralleta
e nunca chegou a Voda dos teus fillos
nin logo a primeira comuñón das tuas netas
Dor de te facer sufrir
ten de ser así
cada quen co seu destino.
Para tentar de ser boa persoa
non se precisa dun selo
iso me aprendeches
nunca facer mal
aínda que sen querelo...
xa ves

Mudanças

Já estou farto da imagem do cabeçalho do blogue! Acho que vou procurar um outro papel para pôr na porta, só que em Argel não tenho o scanner, vou ver se na próxima semana quando viaje à Espanha há também uns dias para passar pela Galiza e mudar o aspecto desta gaveta das minhas trapalhadinhas.
(a justeza da etiqueta desta mensagem pode ser comprehendida por qualquer pessoa mínimamente desperta)

quinta-feira, 28 de agosto de 2008

Nomes de barcos


Aquí é onde amarra a barca de marras
o día da foto debía de ter ido ao mar

Partes dun continente

mar


río


montaña


xente

Saudade

de feito só collía o vitrasa nos días de moita chuva, as máis das veces facía a pé os dous kilómetros até o cole, catro veces por día, co meu maletín de coiro ao lombo, eu soíño, até ao seguinte ano no que fran tamén deixou a escola unitaria para comezar o segundo da exb, e andabamos ao cabo dos meses centos de leguas xuntos a tentar comprender unha vida que nos ía administrando as suas leccións co contagotas. Mas esta lembranza saudosa é do primeiro ano no que gastaba os zapatos a lle dar patadas ás pedras e ás (poucas) latas que aparecían no medio do camiño, e como naqueles días nos que a tormenta, quizáis, me puña medo da soidade do camiño, eu contra a inmensidade da natureza a se desafogar, tiña sete aniños e buscaba no autobús a calor humana, coma as ovellas que se arrexuntan todas cando a treboada. Non sei se é daqueles buses abarrotados de onde me vén o gusto polos espazos abertos, o día que eu gastaba as cinco pesetas no billete era o día no que todo o mundo se refuxiaba alí; unhas veces xa non conseguía nin pasar a barra e saía pola mesma porta de entrada, cando si o lograba eran dez minutos de abafar, apertado entre os cus de todas as mulleres que viñan de comprar na praza, con medo de non poder baixar na miña parada. Recordos saudosos daqueles tempos de camiñante, axudando a voar as bolboretas que topaba no chan, un homiño que comezaba a mover o mundo con cada pasiño.

Neure txiki batua ez du ahazteko

Gaur lana bukatu du. Goizean, zazpi ta erdia, neure taxi hartu nuen lantegira joateko. Bi ordu trenekin, bakarrik txiki erregulatzioa bat egin nuen, material txarra beasaingo mutilak bidali zuten, hau projektu pobre da, inor ez hemen etortzea nahi zuen, arrazoia dute, lana ez da erraza, ezer ez daukagu, problema txiki bat, erdi orduan kompontzeko, hiru hilabete bitartean a joder egongo da. Eta beti hitza politak esan digudie, baina hori ez du balio, les pannes sont toujours là. Kokoteraino nago. Egun batean neure hirira itzuliko dut eta hau dena ahaztuko dut.

(Qué ousada é a ignorancia!)
E se estou equivocado que alguén veña correxirme!
Para iso están as obxeccións!

quarta-feira, 27 de agosto de 2008

Terápia

Agardaba pasar a tarde dándolle un repouso á soidade, que xa está farta ela de estar soa, e afinal tiven que aplicarme a terápia zen de todo a cen, a da vasoira e a fregona, pasei a tarde a varrer e lavar o chan, poñendo lavadoras, mudando as sabas da cama, sacando o pó dos recunchos perdidos, é relaxante.

A soidade terá que seguir a me facer compaña, ela xa está afeita, e as isobaras no edredón non son do seu gosto, prefíreo lisiño. Ten ciumes de quen a queira escorrentar.

Nada, que saio mercar unhas cebolas e xa volto, desta volta coa terápia do ron, que xa é véspera de week-end, dieu en soit loué!

segunda-feira, 25 de agosto de 2008

Incontinência

Quén hóstias dixo que Galiza era un pais?!
Galiza qué caralho vai ser un país!
Galiza é un continente!!

Un sitiño no meu corazón

Entre o son das rodas dos carros contra o asfalto, a televisión do veciño, os paxariños que cantan aquí abaixo no oued, e máis os ladridos dun can ao lonxe, pasa esta tarde na que logo dunhas semanas quedo só contra o ordenador, facendo unha pausa nestes días de botellas de Tlemcen e cervexas musulmanas, o certo é que Orán é moi tentador, máis para quen coma min se deixa tentar fácilmente. Moito traballo, si, pero logo compensabamos coas visitas culturais aos locais de perdición, algún tan sórdido que custaría voltar a entrar en el, deixamos alí ás cascudas gaveando polas paredes de veludo vello, pasamos a outros antros de máis postín. Iso si, as ceas, cunha botelliña de viño tinto fanlle a esa cidade un sitiño no meu corazón, mesmo se o mellor que probei non é arxelino, o Sidi Brahim, de Marrocos... tíñao por un viño de mesa dos baratos por oídas na França, que como eles sonche tan seus, todo o tinto que non medre en Bordeaux ou Borgogne perde moito, máis se vén do Magreb... cousiñas deles.

Ah, o imán da mezquita daquí ao lado volve chamar á oración, 20:09 hora local. Antonte despertei ás tres e media da mañá e comezaba a primeira do día. A vida móvese ao ritmo dos minaretes. Qué pode importar a produtividade cando se trata da vida eterna! Ai, mi madriña, qué mal se conxuntan o socialismo coa relixión! O ceo debe andar cheo de arxelinos, para as misérias do material xa están os chineses, claro que alguén ten que traballar, non só de petróleo e gas vive o home.

domingo, 24 de agosto de 2008

Equilibrista

É xusto o que di a lei da conservación da enerxía, que nin se crea nin se destrúe, transformase.
Aquí pasa o mesmo, a enerxía global da mesa do computador permanece sen mudanzas, porque se é certo que dunha banda a botella de ron se vai baleirando,
non é menos certo que o cinseiro se vai enchendo
mantendo o equilibrio que estudara na escola
todo está ben
dena ondo dago

Depuis

Depuis que tu m'as laissé
te regarder au fond de ces yeux dont la couleur ne me revient plus
pendant plus de dix secondes
tout a changé d'une manière bizarre
depuis que tu m'as laissé
caresser le tissu de ta jupe avec le dos de ma main nerveuse
rien n'est resté à la place d'avant
depuis que tu m'as laissé
ouverte la porte de l'appartement, face à une mer plus folle que moi
la nuit a rejoint l'après-midi, sans que le matin s'en apperçoive
depuis que tu m'as laissé
tomber
j'imite le vol des cailloux
même si j'essaie d'accrocher
ma main nerveuse aux branches
ce sont toujours des brindilles
et voilà, je vis toujours
en l'air
depuis que tu m'as laissé
tomber
c'est pas juste
ni vrai, non plus
c'est juste
...
de la litérature
(baignée en rhum)
autrement dit
o que fai o viño

sábado, 23 de agosto de 2008

Good bye, minhas férias queridas


De caminho ao trabalho, nestas salas de espera que ainda com serem tam asépticas nom conseguem acabar com as bactérias do recordo.

quinta-feira, 21 de agosto de 2008

Água mineral


Porque nem só de mar vive o homem

quarta-feira, 20 de agosto de 2008

Salgueirón, mon amour


À pied à la plage, dix minutes

Ghrafiti


A pé polo Salgueirón

terça-feira, 19 de agosto de 2008

Centos de arrecendos

Centos de arrecendos
dos minerais das augas do río
do iodo das ondas da ría
métenseme por dentro
como cepillos de aceiro
levándome aquela negrura
para que a noite atope
onde chantar as raíces
cando volva ...
comme toujours

sábado, 9 de agosto de 2008

O corredor

Deixa que che conte, meu amor, deixame falarche do corredor polo que tantas veces teño arrastado os pes, ou máis ben onde arrasto os tacóns dos zapatos, como andando desganado. O meu corredor das tres portas. Hoxe non teño moito tempo de entrar contigo por cada unha delas, só che levo nun paseo rápido para que as coñezas, outro día pasaremos xuntos aos tres cuartos onde tanto teño vivido, onde tanto hei, aínda, viver. A primeira das portas é a dos cercos brancos, a da humidade contínua, a das pingas salgadas, cando paso polo corredor, o meu brazo dereito rózaa como quen non quere a cousa, como para chamar a atención ao resto do corpo, pero o cerebro dálle un consello á man "mira, sería bó que lle proibises firmemente aos dedos estirarse para ir acariñar o pomo, xa sabes que se poñen xogar con el e acaban por abrila". Dalle outra orde ao pé dereito para que avance e logo duns cantos pasos chegamos á porta do cuarto das imaxes, ésta está sempre chea de cores e de sorrisos, pero non precisamos entrar nela a miudo; xa manhá com máis tempo che explico. A última das tres das que che falo é a que pecha o cuarto dos meus paraísos, sempre, normalmente, sae por baixo dela un pouquiño de area e un arrecendo a algas recén cuspidas polo mar, esas algas que de cativos nos fixeron saias de hawaiana, coroas de xefe sioux ou ponchos andinos. Queda prometido que mañá che levo comigo senón aos tres, non habería tempo, si polo menos a dous deles.

Hoxe, dende o solpor está a chamar por min aquel bar das bandeiras da bretaña continental e da irlanda, o mesmo que ten o banzo na porta tan fácil de esquecer á saída.

Un biquiño e que durmas ben, meu amor.

sexta-feira, 8 de agosto de 2008

Na casinha

Chegado a casa! Á casiña de Cangas, non á de Arxel, á que tamén lle teño cariño, mas non como a ésta onde tenho ás minhas meninas. Contente de savoir que a minha filha máis velha escolheu para o próximo curso o português como segunda língua. Corte de pelo pola manhá, xa era hora, aquí hai unha temperatura moi agradável mas alá em Arxélia com essa lá na cabeça era insuportável. Já sei estou à mélanger tout, o français, o português e o galego, porém je m'en fous! Esteve à procurar no armário do balcom e atopei a botelha que o meu irmancinho trouxera de Cuba, o Havana Club, acho que non vai ficar nada dela! E amanhá pela noite visita aos meus bares favoritos. Buf, qué ben me sinto no meu país! Alá moitas veces, cando iamos de paseio pelos bairros periféricos quixemos quitar as camisetas, a calor era insoutenable, mas seriamos moi mal vistos. E o pior está por chegar, bientôt chega o ramadam, todos querem que o fagamos, por suposto que em público nom poderemos nem beber nem comer. Enfim todo se há viver, já veremos. Pelo momento repouso no melhor pais do mundo, o meu, com todos os seus defectos, onde aprendín a andar e falar, onde ando e falo.

terça-feira, 5 de agosto de 2008

verán


Como soñar é gratis e ademáis non custa nada estivemos nun venres de preguiza facendo cálculos para cando chegue o derretimento dos pólos, ou das ghaliñas. En fin, poderiamos ter feito sudokus ou xoghado ás cartas, pero como o primeiro non sei e o segundo tampouco, pasamos o venres musulmán de badulaques a aboiar pola casa, estábase ben, corría un airiño fresco e o colega estivo aproveitando a mornura do chan mentres botaba unha sesta.

domingo, 3 de agosto de 2008

Caos

Logo da festa chega a limpeza, o chan quere un freghado urxente, os compañeiros de relixión xa voaron, sonche medio paxaros eles. Eu tamén pronto, pronto deixo esta casa, por unhas semanas, pero nunca, ou case nunca, son as cousas como un as imaxina, así que eu que esperaba agardar polo avión deixando escoar as tardes pola pantalla do computador, teño que precipitar de novo a partida, mais aínda non para Galiza, voltar á cidade da cervexa e perder xa a conexión á internet até quizáis a miña volta a Arxelia. Non é que me disguste ter que viaxar, só que últimamente chegan as urxencias sen avisar e hai que coller o avión ou o tren ou o taxi no mesmo día e cambiar os plans de súpeto. Como son bastante desordenado iso não faz mal.

E falando em desordem, tiven esta semana pasada que recopilar datos das tarefas do último mes e buscando na mochila xuntei tres caderniños (ou catro) e pasando follas fun recompondo o puzle, porque me encantan as libretiñas, case sempre ando con unha no peto, cun bolígrafo, e alí vou anotando cousas tan dispares coma conxugacións de verbos no árabe do país, ou palavrões que non se deben escribir, con táboas de presións das válvulas neumáticas, cancións en euskera, gastos das viaxes, termos técnicos en francés, esquemas eléctricos, referencias de pezas, cancións en castelán, listas da compra, enderezos, números de teléfono, cómputos de horas, desglose de operacións, e aínda números de teléfono sen ningún nome ao lado, e tamén nomes de persoas sen ningún número de teléfono ao lado. E os caderniños soen estar esfolados e sucios, coas follas que lles quedan engurradas, e a letra a maioría das veces é piollenta por ter escrito con eles apoiados na man ou no taxi, ou no tren. Sempre comezo un novo co propósito de mantelo en orde e limpeza, pero coas presas abro por calquera páxina e escrebo do revés. Así, moitas veces é como vai pasando a vida, loitando por aliñar elementos que naturalmente teñen que estar en desorde, case mellor reconvertir o cerebro para aceptar que o sitio de cada cousa non é o que nós pensamos que debera ser.

Hoxe estoume a estender de máis, tamén é que teño que facer de novo a mala (ben, a mochila) e non teño ganas, e recoller a casa para que saiba esperar por min sen meter outros inquilinos na miña ausencia, pensaba, por exemplo, nas cascudas do demo. Ben, bem, tout-de-suite vou escolher uma foto que dea un chisco de colorido a este post caótico e de fim de curso laboral. Xa verei se podo achegarme por aquí algún día para tentar frear un bocadinho o caos do universo co movemento torpe dos meus dedos sobre o teclado, autrement dit "clavier".

Biquiños/Beijinhos para todos os que leiam.
(tamén para os que miren a tele!)
Chao!!

sábado, 2 de agosto de 2008

Festa

Qué dexeneración, veño de chegar á casa que se converteu en forno cargado con catro litros de cervexa, a primeira cousa abrir de par en par as ventás do salón, do meu cuarto, do cuarto do computador e a porta da entrada para que este airiño morno de Hydra veña escorrentar esta calor. A segunda cousa foi beber medio litro de cervexa, e o meu corpo parece que se está a desfacer en auga, non vai quedar nada de min. Esta noite festa na miña casiña, son mañá as viaxes dos colegas a outras cidades, e imos celebralo, con viño tinto, birra e ... para a cea... en fin, a carnizaría estaba pechada, voulles facer unhas tortillas de patacas, qué carallo! A mágoa é non ter un chouriciño para lles dar sabor, aquí é complicado o da carne de porco. En fin, día de todo véspera de nada xa que logho vou ficar aquí sozinho con este meu fiel escudeiro, o computador.

Tamén adicarei máis tempo ao blog, aínda que, agora que recordo, non por moitos días, porque o mércores, jaia da! baina jai hadia izango da! Oporrakkkk! As vacacións, as férias. Ah..

e falando de todo um bocadinho, agora o meu irmancinho esta a trabalhar em Maia, xa fala portugués, o cabronazo qué sorte ten.

Venha, um beijinho para todos que vou ajeitar a minha humilde morada para recever aos meus ilustres visitantes (todos grandes bebedores, gente da minha mesma religião)

sexta-feira, 1 de agosto de 2008

Os monstros durmidos


Qué fermoso domingo, aínda non tomei a ducha nin me vestín, estiven a lavar a louza da cea de onte á noite, un cafeciño con leite e deixar as horas esvarar pola mañá arriba sentindo a calor que entra sen permiso pola porta do balcón. Por sorte é domingo e o teléfono aínda non soou nin unha soa vez, están os monstros durmidos, non se queixan dos seus reumatismos prematuros, danme un respiro.

Onte tocoulle ao colega prepararnos a cea, e por un día non comemos cebola, trocámola polo allo acompañado dunha perna de año ao forno, cunhas cervexas de aperitivo e unha botelliña de tinto de Tlemcen. Só deixamos o óso! E dispuxémonos para sair explorar os mundos da noite pero, será a idade! boteime no sofá e despertei ás duas da mañá, os plans que mudan continuamente, tant mieux!

E neste post ía falar da cebola con pan, e das herbas que comía Rachid cando era rapaz, e sobre todo da sede, pero deixoo para outro día. Estou deixando o blogue desatendido, ultimamente as viaxes e o ter compaña polas noites me quitan moito tempo de intimidade co computador, tampouco é mala cousa. Gústame escribir trapalladiñas, pero non teño soltura, si, escrebo moitos rascuños, e miro e remiro un post antes de lle dar o visto bo, aínda así cólanseme tamén faltas de ortografía e gralhas, ou fautes de frappe.

Ben, e como hoxe é o día da oración, teño que sair antes das doce que logo pechan todo para ir á mezquita, e nesas horas non topas nin un bar onde te refuxiares da dureza do clima.