quarta-feira, 31 de março de 2010

Conjectura de Poincaré

Gosta da chuva em primavera

e dos matemáticos de princípios
em geral gosto da gente de princípios
da gente humilde também

Odeio a papagaiada
costuma ser o adorno de misérias de todo tipo

segunda-feira, 29 de março de 2010

Panorámica da ría


Cruzando a ría, camiño do traballo
descubrín que a cámara fai fotos en panorámico
collín un cacho do ronsel e as nubes avanzando sobre
a península do Morrazo

Por certo que logo tiven que viaxar pola autoestrada ao norte do país e de volta había unha lua branca e unhas nubes laranxas fermosas, parecían diretamente vindas do sul, do blogue de Em@, mas chegaba tarde para o barco de volta e non tiven tempo de parar a fotografalas.

terça-feira, 16 de março de 2010

Micro-tigres


O tigre está un chisquiño aborrecido, viuno visitar unha chea de xente, grandes e pequenos, esmirriados e gordos, saborosos e algún noxento, xa coñece el esta léria, estas filas de bocadillos separados polo foxo e os fíos eléctricos. Ao comezo aínda tivera algunha ilusión, agora... agora xa nin se lle fai a boca auga, está algo deprimido. Quizáis un día dea un salto grande, o famoso salto do tigre, e se lle pase a depresión ao paparse un dos gordos e gorentosos visitantes. Pero non vai ser hoxe, hoxe prefire seguir deitado na sua preguiza melancólica.

segunda-feira, 15 de março de 2010

Areia no cabeçalho


Esta foto é do mesmo día no que fiz a do cabeçalho, a areia é um bocadinho mais fina porque estava afastada da beira-mar; quando as ondas batem na praia sempre há uma zona onde a água leva os grãos mais leves e ficam os grossos, como acontece com a da foto da concha.

Por certo, a areia é a da praia de Liméns, nas costas de Cangas do Morrazo... na Galiza, b.s.

quarta-feira, 10 de março de 2010

Neve en Sanabria





Para os da costa a neve sempre é un espectáculo.
Onte, voltando a Galiza, na zona de Sanabria, provincia Zamora, comunidade autónoma de Castilla y León. Nesta comarca limítrofe coa Galiza e Portugal a língua oficial é a mesma que no resto de Castela, o espanhol, no entanto tamén se falan o galego (nas Portelas) e o asturleonés.
Sanabria (ou Senabria, ou Seabra) é unha comarca rica en línguas.
Ademáis alegrounos a vista coa neve.

Voltar a soñar

soño que estou en sitios
nos que xa soñei que estivera
e agora que volto (voltar é o meu vício)
o que fora a ruptura da barreira do som
semella só un destello, un estralo ao lonxe
volto unhas horas ao lugar (voltar é a miña condena)
a revisar metódicamente cada segundo
cada gota de suor do meu corpo
que se estendeu pola tua pel.
Sei que desta volta, voltar é indecente
imprudente, imprópio, improdutivo... qué sei eu
porque xa só me toparei a min mesmo
e a sombra do teu vestido azul estival
-- lixeiro como a miña devoción
que ficou eternamente a erosionar estas fachadas
nas que amor foi escrito con caligrafía florida
mas por desgraza comezaba por h
volto sen telo eu programado (voltar é o meu destino)
e sei que estiven aquí nun soño
esperto e só me queda o teu sabor na boca
ténue, feble, apagado
afogado polos remorsos
de te ter deixado de soñar

segunda-feira, 8 de março de 2010

Voltar cedo



Voltar cedo é o método máis eficiente para evitar que os universos de cristal escachen pola noite (ou pola mañá cedo cheirando a frescura) mentres estás durmindo e te decates de que si, efectivamente, ti tamén tiñas unha alma, que aparece visível cando espertas sangrando polas afiadas esquírolas que se agachan traidoras nas pregas das sabas. Voltar cedo e aparentemente derrotado é un bo investimento a curto prazo para manter a coesión dos fráxiles mundos transparentes de soidade.