segunda-feira, 8 de março de 2010

Voltar cedo



Voltar cedo é o método máis eficiente para evitar que os universos de cristal escachen pola noite (ou pola mañá cedo cheirando a frescura) mentres estás durmindo e te decates de que si, efectivamente, ti tamén tiñas unha alma, que aparece visível cando espertas sangrando polas afiadas esquírolas que se agachan traidoras nas pregas das sabas. Voltar cedo e aparentemente derrotado é un bo investimento a curto prazo para manter a coesión dos fráxiles mundos transparentes de soidade.

2 comentários:

ekis1331 disse...

Fascinante!

rui disse...

Grazas, ekis.

E para os que din que é imposible que eu volte cedo, a foto fíxena indo xa de retirada e o reloxo da igrexa marca a unha e pico!