sexta-feira, 25 de fevereiro de 2011

soy bilíngüe, porque si, porque me peta


decirvos que soy bilíngüe, porque si, porque me peta, y esto y más lo otro (parafraseando a celsoemilioferreiro, ya vos disteis de cuenta), que el jallejo sirve tanto pa comprar cinco kilos de picón pa los pitos, como pa escribir una oda a los eucalitos. Y pa un monte más de cosas. Pero no podemos pretender que las profesiones útiles tengan que utilizar esta habla, que sé yo, un güez, un médico, ellos no se dedican a las poesías, ni tienen jallinas pa comprarles el picón, entón con el español ya les llega; mejor no liarlos, no vaya ser que misturen las palabras y luego condenen al inocente o maten al sano. Pa que obligarlos, pobriños, bastante tienen con tanto que tuvieron que estudiar. Y luejo que necesidá hay de que se hable en Madrí, en el senado, pongo por caso, si los jallejos que van allí tampoco hacen rimas, y mucho menos crían pollos.
En fin, pa que cambiar el mundo, cuando estamos tan bien así, con nuestro bilingüismo sano, sin complicaciones.

No ando mitido en política, ni asociaciones de ningún tipo, pero si aljún día me dicido creo que me voy meter en Galicia Bilíngüe, porque alomenos defienden el jallejo sin asoballar el castellano.

segunda-feira, 21 de fevereiro de 2011

adolescência, go home!



o amor só vive nos conxeladores
a partir do preciso intre no que
cunha alegría gilipollas
abres a porta e o sacas á luz
comeza a se che derreter entre
os dedos paralizados
pronto só terás as mans frías
e húmidas
antes do que pensas xa estarán secas
e voltarás a envexar
as parellas que tan inconscientemente
cren na eternidade dos pólos
como unha relixión sen data de caducidade
logo virán os silencios molestos
as costas viradas
que pronto se tornarán costume
xa sen dor, o nariz afaise a todo
o cheiro do podre xa nin se sinte
e segues pola inclinación da vida
cara adiante
sen voltar a meditar sobre a efímera
vida do xeo
fóra do conxelador

quinta-feira, 17 de fevereiro de 2011

café

a cada folla do xornal que paso desvío a atención, poñendo un espazo en branco entre artigos, ás conversas das mesas veciñas trenzadas coa bossa-nova que dende os altavoces esparexe unha morna esperanza matinal.

leo titulares en negrito, grises subtitulares e as sinaturas, entro non entro, rozo a foto, sigo buscando, paso outra folla, volvo ás conversas, vólvo á música que as envolve, todo cuberto co temporal que lanza pingas kamikazes contra os vidros.

Madrid, Galiza, Catalunha, PSOE, PP, corrupción, discursos nos que se cuspe veleno, caixas de aforro, CRISE, países árabes, centos de letras cinzentas, cambio de sección levanto a cabeza, aí segue o ceo gris de cinza mollada isolando a vila coa treboada que asolaga o café, convérteo nun submarino dende o que se divisan as árbores do paseo acenando desesperadamente, esluídas pola auga que esvara con violência sobre os vidros das ventás refuxio da música, das conversas e das follas do xornal.

Ármome co que resta de café na taza, comeza o suplemento literario, quizais cando erga de novo a vista, a borrasca teranos feito encallar entre duas estrofas dun poema de Benedetti ou Pessoa... sûrement ailleurs.

sexta-feira, 11 de fevereiro de 2011

microeternidade


Na chapa galvanizada das casetas dos pescadores non hai máis futuro que o presente
que os vellos vaian afogar as suas derrotas na auga escura e fonda do océano!
o reino eterno da tinta indeleble dos rotuladores negros, resiste o salitre e o vento do norte
que importa a duración se o tempo é a máis subxetiva das realidades
vinte anos de faena pesan menos que os dez minutos do primeiro bico nas escaleiras do peirao


quarta-feira, 9 de fevereiro de 2011

Fentos de plástico

A saturación converte en plástico todo o que toca
Tiña ganas de facer resaltar ben resaltados estes fentiños que están a chamar pola primavera
Tamén eu a chamo, con todas as partes do teu corpo
...
ben, era só unha imaxe

segunda-feira, 7 de fevereiro de 2011

Árvores e sonhos


Levanta a cabeza.
Aceptar o mundo como é ou seguir a sonhar coas fértiles folhas dos carvalhos?
A vida sempre é máis doada para quen sabe integrarse.
Sobre todo para quen non busca a perfección, ou non cuestiona a idoneidade das árvores
baixo as que vive.