sexta-feira, 8 de julho de 2011

Fallos no sistema

non é suficiente. Vou poñer o aire acondicionado a dez graos ou menos por ver se tetanizo aos mosquitos que veñen de hotel sen pagar habitación. Falta de hormonas? Algo falta, non son necesidades son prestacións. si que me acorda. E non basta con ter un corpo apetecivel, hai que ter unha mente maleável, elas sempre te querem em corpo e alma, que esixentes, mon dieu. Por sorte o viño segue a ser asequível, e o meu fígado receptivo. E se desperto rodeado de pingüinos? E se se repiten os tremores de terra. Don't worry, temos aspirina para poñer en marcha un tren, ou dous, ou tres. Os motores, son en V, curiosidade pra quen a precisar, dous filtros de aire, dous turbos, dous colectores de admisión, e un só motor verdadeiro. E isto aguentará a neve no inverno? Quen sabe, polo momento hai que aportar frigorías. Burato da capa de ozono? Never mind, c'est pas avec une aiguille qu'on va tuer un éléphant. Ou iso creo. Ou iso creo que creo. Certidudes as mínimas posiveis, s'il vous plaît

quarta-feira, 6 de julho de 2011

Cazadores de insectos

E aínda que deixo a ventá toda a noite aberta, por se houber unha ninfa, ou outro ser feminino con alas ou peitos, que viñese lerme as mil e unha noites, ou calquera outra cousa, desperto pola mañá só na cama e co teito cheo de mosquitos. Dende aquí vexo á veciña do terceiro que soña cun lector que apareza de súpeto e se lle meta baixo as sabas, tamén ela ten a ventá aberta, tamén só consegue atrapar mosquitos.

segunda-feira, 4 de julho de 2011

València - Alger - Ajaccio

València – Alger – Ajjaccio, o mesmo mar, a mesma humidade que me acompaña neste camiño de curva, contracurva, soidade, envólveme nesta torpeza da roupa colada á pel, non estamos sós a humidade e máis eu, e este mar estático, incomprensible. E vóltaseme excitar o cerebro coas línguas que vai pescando, o corso, igual que na Galiza, o árabe de Arxelia, nas rúas, o francés que me invade, viens tout contre moi! Non teñas medo, j’arrive.

Ofrecen mexillóns para a cea, e mentres agardo a pizza, click, escoitei unha palabra en galego, uns xubilados dunhas mesas máis alá, francés e galego. E a mistura cos mexillóns, que non quero, desata unha nostalxia que sobe paseniñamente polo meu corpo como a marea, até querer sair toda a auga do océano polos meus ollos. Non consigo falar cos paisanos, non aguantaría tanto mar dentro de min.

domingo, 3 de julho de 2011

Desintegración

É o blogue, estas palabras que aquí escribo, que me manteñen unido a aquela teoría, a unha utopía cuspida nas paredes, e me segue enviando polo cordón queixumes dos alcolitos, que me atan e me impiden esquecer quen son, integrarme, unificarme, soñar bonsoir, erguerme co bonjour caíndome dos lábios.

E se aínda fose unha presada, uns poucos grans de area aumentando a superfície da praia máis fermosa de Europa, pero non hai areal, e estas impresións non serven máis que de antibiótico para a navegación en solitário coa que vou gañando enrugas, perdendo cabelo, pasando devagar na tona da auga, sen ronsel do que chorar a sua desaparición.