quarta-feira, 26 de março de 2008

Amareite ata a morte

/ amarei-te até à morte / je t'aimerai jusqu'à la mort / te amaré hasta la muerte / maite izango dut hila arte / I'll love you until the deadh



antes de que me esqueza vouno marcar aquí, nḫebbak ḫetta el-mūt, ou como en Exipto, baḫeb ḫetta el-mūt, ou sexa, amareite ata a morte. Non sei porque me quixo ensinar esta frase, por broma, supoño, por botarmos unhas risas ao escoitar a miña pronuncia, o caso é ir falando, a ver se pouquiño a pouco esta lingua vai facéndose un sitio nalgunha parte virxe do meu cerebro, se é que queda algún recunchiño por aí sen colonizar.



Ben, en euskara creo que puxen "farei o amor ata morrer", iso gústame máis. O outro é fume, vender ilusión, véndoche a atmósfera, coa capa de ozono furada, véndoche o ruído das follas das árbores, véndoche o amencer. Como se pode? ámote, é todo. ámote hoxe.

1 comentário:

Zeltia disse...

á sombra dos idiomas saiuche unha boa verdade:
só se sabe de certo o que se sinte no momento presente... e aínda así ás veces está tan mesturadiño que é dificil entresacar algo enteiro verdadeior.
agora facer o amor ata morrer moita entrega me parece a mín ;-)

gustoume ver a frase en tantos idiomas.