sexta-feira, 28 de março de 2008

Domingo

Un día de repouso, erguerse tarde, sair pasear, tomar café cos amigos, conversar dos nosos mundos, similitudes dos nosos países, os marcos, propiedade da terra, a Kabilia e a Galiza, todos lonxe da familia, pero felices de ternos para pecharlle as portas á soidade. E agora pasar o ferro á camisa e ao pantalón, para estar presentable mañá diante dos presuntuosos e prepotentes, ai! canta miséria no mundo!

1 comentário:

Zeltia disse...

iso de pecharlle as portas a soedade gustoume moito.
que sería de nós sen os amigos!