segunda-feira, 24 de março de 2008

A xente do sur / A gente do sul

Estaba á procura dalgunha foto das que fixen a semana pasada na viaxe a Orán, pero agora que xa comprei a tarxeta de memoria da cámara e que pasei todo ao ordenador, ao velas en grande non hai unha que me pareza boa, en fin, poño o tuareg que tocaba co seu grupo festexando a véspera de Mouloud, que logo volvín topar despóis da cea bailando moi animadamente, eles foron o mellor desa noite na que só hai na rúa rapazada estoupando petardos inconscientemente; buscabamos un bar xeitoso para tomar unhas birriñas pero logo de andar un bo cacho esquivando as bombiñas que caían de todas partes decidimos voltar ao hotel, por certo este foi bastante penoso, a recepción ben, pero o cuarto, mi madriña, cando entrei pensei que me confundira de porta, a cama estaba desfeita e fedía a pestes, nin sequera topei cascudas, signo inconfundible do seu mal estado, pois ata elas partiran.

Estava à procura dalguma foto das que tirei a semana passada na viagem a Orão, mas agora que já comprei a carta de memória SD da câmara e que passei tudo ao computador, ao as ver em grande não há uma que me pareça boa, enfim, ponho o tuareg que tocava com o seu grupo para festejar a véspera de Mouloud, que logo volvim encontrar depois do jantar bailando muito animadamente, eles foram o melhor dessa noite em que só há na rúa criançada estourando petardos inconscientemente; queriamos um bar jeitoso para pegar numas cervejinhas porém logo de andar um bom anaco esquivando as bombinhas que caiam de todas as partes decidimos voltar para o hotel, por certo, este foi bastante penoso, a recepção bem, mas o cuarto, meu deus, quando entrei nele pensei que confundira a porta, a cama estava desfeita e fedía a pestes, nem sequer encontrei baratas, signo inconfundível do seu mau estado já que mesmo elas partiram.

3 comentários:

Zeltia disse...

unha fermosísima vestimenta. gústame.
(mais a arma ponme un pouco de medo)
supoño que era unha festa de algo que se me escapa.

rui disse...

As armas non disparaban, só eran para facer ruído e nin sequera oín un só tiro. En Arxelia o das armas está moi vixiado, teñen moitos problemas de terrorismo integrista, así que hai unha chea de armas pero todas nas mans da policía e o exercito (ben, tamén dos terroristas). Sorprendeume que entre toda a xente da aldea que coñecín non houbese cazadores, tiveron que entregar todas as escopetas cando houbo os brutais enfrentamentos dos anos noventa (creo!). Se cazaban algún xabarín era co lazo.

A festa do Mouloud, Mauled, ou Mulud, como pronunciariamos nós é unha grande festividade, comemoración do nacemento do profeta (Mohamed), xa sabes, o que escribiu o Corán, non recordo como se lle chama en galego. A verdade é que Arxelia chegoume ao corazón, aínda que non cheguei a convertirme ao Islam... a verdade é que estiven a mil anos luz de convertirme.

Zeltia disse...

Pois deixemos as relixións a un lado! -aí quietiñas-

irei vendo como arxelia che vai entrando no corazón...