hoxe volvín pasar por alí
nas rúas quedaba aínda, enganchado nas pedras das fachadas, o sabor húmido dos teus lábios elásticos contra os meus... despóis destes anos, aínda segue o arrecendo do teu cabelo nos soportais, nos pes das farolas e na máquina de preservativos. E todos os zaguáns escuros que acubillaron os abrazos, templos daquelas sombras cálidas onde as nosas mans abriron os ollos, estacións de lembranza, oración co teu nome a cada coche que pasa. Até a luz borrallenta do mencer, que coma espiñas de toxo a estrar a cama nos botara daquel cuarto de hotel miserento, soa no meu padal cun eco de torta de améndoa
aínda
alí por pasar volvín hoxe
11 comentários:
Passei para te desejar um excelente Natal, espero que na companhia daqueles que amas!
Beijo, Galego
Bom Natal, Anabela, para ti e todos os teus!
Beijinhos
Hai olores e sentimentos que nunca rematan por irse de todo, perduran e perduran no tempo e na memoria.
Apertas e boas festas.
ai..., hai!
E que nunca se vaian de todo.
Boas festas, raposo
Os sentimentos acostuman arraigar en lugares vividos.
Feliz 2009.
Excelente ano de 2009, Galego, são os votos que aqui te deixo, extensivos aos teus mais próximos!
Beijinho
Feliz aninovo Paideleo, para ti, o Leíño e a mamá.
Feliz ano, Anabela, os melhores desejos para a solução da crise na educação em Portugal. Que o deserto te acompanhe!
Afortunadamente hay olores que nos remueven.
Feliz todo, señor mío.
Unha vez, escapáronseme uns versos que dicían que as boas lembranzas, como o olor das mazás maduras, sempre permanecen.
É certo.
Acredito.
Bo 2009!
feliz comezo de ano
:)
(e feliz noite de reis)
Enviar um comentário