Pois xa estou de volta, logo dunha súper cea de despedida onde acabamos entre tres cunha perna de ovella, dez latas de cervexa e catro botelliñas de tinto, collín o luns pola mañá o camiño da estación a pe, o país paralizado coa festa de L'Aid, esquivando os regueiros de sangue que abrollaban dos canos rotos e corrían polas aceras,, vermello de alegría, xenocidio ovino. Seis horas de tren e noite en Arxel, o martes voo a Galiza con escala en Madrid. Et me voilà, ou aquí estou.
Marchara no verán só cunha chaquetiña na mala e volto con este frío e esta chuva, como se houbesen pasado dous anos. Recibido polos abrazos grandes e quentiños que dan os brazos pequenos, mans pequenas que escribiran exclamacións en maiúsculas no calendario agardando por este día. Agardando por min. O home máis importante da terra, do mar e do aire, como non se me vai encher o peito!
Biquiños
7 comentários:
Vejo que tudo está bem. :)
Jocas
Disfrútelo.
Saludo!
Pois si que bebestes de carallo na cea!
Da gusto volver no novo a terriña, eh!
Anabela: tudo está bem, mesmo cinco centímetros mais grande! A minha pequena que visitara Amarante já está desconhecida. E a maior começou o liceu, como passam os anos!
Ra: graciñas, unha aperta.
Raposo: canto tempo! pois si que foi boa, a última das botellas de viño foi aberta ás duas da mañá a golpes contra un dos pilares do salón (estilo mariñeiro). Que marabilla estar de novo no país!
Biquiños a todos, ben, a todas, a todos, à tous, a tots, a totes.
Algo debe de ter isto da paternidade, visto como se pon todo o mundo ;)
tornaches coa tronada rui! hoxe nas lagoas o temporal estaba tan tan bravo que o oceano mar alcanzou o segundo andar!
gaudeix, gaudeix, gaudeix....
Raiña: Claro que algho ten, senón só nacerían meniñas(os) de accidente. Xa sabes, moito traballo e moito cariño.
Hei, anónimo, vaia espectáculo, millóns de veces mellor que ver a tele, amáis ten a vantaxe de limpar os cristáis por fóra (por veces failles falta)
Enviar um comentário