segunda-feira, 8 de junho de 2009

clépsidra

Do pouco que che puiden dar

nin todo cho din

nunca cortei de todo os cabos

xa cho dixen,

a eternidade duraba un minuto

o malo desto todo

é que eu o dixen

mas non o entendín

tan ben coma ti.

E todas as historias

de homes na cadea

de vodas fracasadas

de fillos que che atribúen

non fixeron máis que

amarrarme máis

a ti.


As imaxes do teu pasado

como pingas ían chegando

descolgandose do teito

no que viven quen te coñecen

meu amor

Eu só creo a tua versión

da hora na que estamos xuntos

na cama ou no parque

só creo que tamén me amas

e tiven medo aos coitelos

que agardaban na rua

o pulo dunha sobredose

para limpar as conciencias

co meu sangue de rumi

como na crónica

dunha morte anunciada

todo o empurraba.


Teño medo da soidade

no resto das horas

nas que non estou na cama

nin no parque contigo

e busco agarradeiras

alguén que estea sempre

aí.

Mas non hai ong

para estes casos

e gaveo polas horas

de cada día no que

desapareces.

Non sempre

case sempre

a meirande parte das veces

son eu a parte danada

só por egoísmo

supoño

tras o ponto e final

cada un remoe

a sua dor

en silencio,

até facela dixeribel

asimilala

xa ten acontecido

o silencio cos seus ácidos

amolecera até as pedras

e quedarásme debuxada

cicatriz de media lúa

no invisibel do recordo.


Cada imaxe que foi subindo

cachos do teu pasado

até ao meu presente

paseniñamente

case imperceptibelmente

foime rodeando

até aceptar a derrota

de precisar do teu corpo

para que existisen

as semanas e os meses

teu corpo clépsidra

ou area do deserto

ou reloxo de parede

teu corpo deixará

de marcar as horas

marca indelébel

na transparencia do recordo

tiC, Tac, Tic, taC

te foches mas

aínda estás.

6 comentários:

angel ppog disse...

eu tamen te quero non o olvides e podeste agarrar a mlin pero non espirme.
Belo e o mesmo tempo preocupante eso non o arregla nin o Pampero,
a cola xa ta suprimo da dieta.
Desexo que tan solo sea unha expresion poetica motivada pola falta de carino, sinon a cousa e grave e habera que circuncidarse.
Desexandote o mellor vemonos

Ra disse...

Sin palabras, me quedo.

Anónimo disse...

as gastaches todas , ben axeitadas cun punto de loucura , pero unha parrafada tan bela non se lle pode ver o contido palabra por palabra diseccionandoo e sacondolle todo o sentido; eres un poeta rapacinho; conperdon

Anabela Magalhães disse...

Deixei-te um prémio no meu blogue.
Faxafor de o recolher.
Beijinho e excelente fim-de-semana.

rui disse...

angel: està ben saber que sempre terei o teu ombro para chorar esta terra cando esteamos definitivamente na Galiza.

Ra: colleas na entrada, saiu cargada de palabras; non tiven tempo de recortar, retocar e podar o texto, agardabame a cea! Un biquinho.

Anonimo: Si que entendeches o sentido.

Anabela: là vou!

Suso Lista disse...

Precioso e real. Saúdo