sexta-feira, 21 de agosto de 2009

Un paso adiante, dous atrás. Matemáticamente non hai avance

-Oyes, mira, cuando esteas en antena podrías hablar castellano
-Non, non é necesario, aínda que ti fales en castelán eu enténdote ben, e ti enténdesme a min en galego.

Isto foi hai unha chea de anos, fai parte dos meus recordos de cando ía como un tanque abrindome camiño.

Non sei se cambiaron moitas cousas. Penso que o galego segue sendo a língua da loita dunha banda e a dos discursitos da outra, mas afastandose da sociedade a medida que ésta é máis urbana.

Eu, que son así de autista, fago como se nada e vivo como se houbese normalidade lingüistica. Mas que fai unha pinga soa na ría?

Flipo cando escoito nenos falando en galego (e non son os meus)

Haberá esperanza?

(a resposta, para que me entendan os dirixentes da Galiza: I don't know!)

4 comentários:

Anónimo disse...

este e dos case sempre que dicia antes , o de tanque xa sera menos "carinhoso" . Se falar galego e util coma ferramente de comunicacion e autenticacion de "galego falando con cambio e corto" se falara e se sigue dando votos pois tamen xogo das alturas , e unha preocupacion que non deberia existir a lengua coma os fillos ten vida propia se non morrera por moitas tarefas de reanimacion que se lle fagan .
O mundo vai pa diante tanque coma ti ou con ti ou sen ti
besitos agarimosos e castelo anglo frances dutch parlantes

rui disse...

Hai anos lía unha revista destas de xente ben pensante, progresista e todo o máis, e reservaban unha sección para ideas distintas das deles, titulábase (a sección) "non pensan coma nós, pero...". E as tuas ideas gústanme porque non son as miñas, nin as comparto, mas fas unha análise intelixente que agradezo.

E como xa sabes eu móvome básicamente por sentimentos, é unha eiva, xa o sei, pero tópome ben así, e non vou mudar.

E vou dar unha visita ao teu blogue, non sei se está tan morto coma o meu, sabes que ando por mandar isto ao carallo e dedicarme só a ler.

Biquinhos transcontinentais

Anabela Magalhães disse...

Não mandes para o carallo, Galeguito, que já li este texto para aí cinco vezes e está excelente, pá!
Biquinhos

rui disse...

Obrigado, Anabela

Beijinhos