sexta-feira, 8 de janeiro de 2010

A esperança é faixa preta de caratê

Cando falo por teléfono teño que moverme, mesmo se estou nun cuarto pequeno ando arredor todo o que dure a conversa, como se cos pasos fose construíndo o diálogo, ou axudándome a encamiñalo... o carallo é cando che toca falar dende un teléfono fixo, alí preso, atado polo fío, e o peor é cando está xusto enfrente dun espello, entón, sen poder darlle as costas ao fulano que che está contando as enrugas da frente a esperanza leva unha navallada e queda bastante flácida, medio morta.

Sen embargo, a esperanza é unha experta en artes marciais, mesmo cando parece que xa non respira, aínda che pode revivir cunha patada direta à cabeça, basta a presión dunhas mans femininas que veñen por atrás colléndote os ombros para susurrarche calquera banalidade, e dis ti... pero pode ser possivel? e será! E xa dubidas que fora só o contacto das mans, supós que os peitos no teu lombo tamén axudaron algo.

Tamén volve a esperanza, de maneira máis sólida, ectoplasma do meu corazón, como esta tarde cando o macaco saiu logo de poucos intentos, tantos anos había que estaba eu frustrado dende que a iso dos dezaseis tentara facelo na praia e levara tal golpe que abandonara definitivamente o proxecto de dar a voltereta cara atrás. Hoxe non só o macaco (así lle chaman na capoeira), senón incluso o mortal cara atrás! Claro que axudado polo mestre.

Qué maneira de comezar o ano, ben, si, sete días despois, pero son así de lento

3 comentários:

ekis1331 disse...

Pásame o mesmo co teléfono... por outra banda, non me gusta nada falar por il, entre outras cousas porque me quece a orella a ostia, e non podo concentrarme en seguí-la conversa como quixera. Tamen me pasa o mesmo cos estímulos femininos... iso cando son estímulos claro, á contra déixanme afundido, que as mulleres tamen dominan esa materia mellor ca nós... O do macaco ha ser compricado, noraboa por tanto... ten que ser divertido o da capoeira... a maior acrobacia que domino eu é: "a chilena". Encántame o fútbol dende pequecho, e xa con 9 ou 10 anos me fixera coa técnica despois de quedarme abraiado coa execución da mesma por parte do imbécil (pero tremendo xogador) de Hugo Sánchez... saúdos e sorte co 2010

rui disse...

Ben, pois eu o do futbol é algo que non me gusta nadiña, será porque de pequeno xogaba ao balonmán, na provincia de Pontevedra había (e segue habendo) moitísima afición. Co da capoeira veño de comezar, aínda estou bastante verde, pero gústame sobre todo o esforzo que me obriga a facer para a coordenación, son moi torpe co baile (por non dicir que non sei bailar) e como a capoeira é unha mistura de loita e danza, voilà.
Co dos estímulos femininos... sempre tiven bastante dificuldade para comprender a linguaxe da seducción, é problema da ambigüidade dos seus fonemas, onde o mesmo son pode ser interpretado como oclusivo velar ou ben fricativo labiodental, se non tes o oído fino arríscaste a ter que te morder a língua.

Sorte tamén para ti

ekis1331 disse...

Chapeau!