terça-feira, 27 de abril de 2010

Medidas individuais para evitar a desaparición do galego

Este post téñoo atravesado dende hai uns días, prometín que o escribiría e non me sae nada potable.

O primeiro que eu podo facer para que non desapareza o galego é deixar o tabaco. Iso aumentaría a miña esperanza de vida, e, como é sabido, mentres haxa un só falante dunha língua non se poderá considerar ésta como extinta.

Para conseguir que se invirta a tendencia da perda de falantes, e tendo claro que unha sociedade só segue modelos exitosos (com sucesso), teríame que facer unha persoa de éxito, qué sei eu... facerme rico, ou algo semellante, facerme guapo, facerme intelixente, etc. E que se vise que si, este home "que vive en galego" é rico, guapo, intelixente... Pero o problema é que nunca foi o meu obxectivo chegar a ser un Rockefeller, nin sabería como, para o de guapo precisaría gastar unha milhonada na ciruxía estética, e para o de intelixente, teño que consolarme co da intelixencia emocional, que a vida é moi ancha e non só de facer ecuacións vive o home.

Disculpa w. sobchack, pensei que ía topar algunha idea brillante, pero non me vén nada mellor.

Poñerei un consolo mínimo, un microconsolo. O francés é unha língua (cultura) que coñezo un pouco, non moito, non vaiades pensar (falo un francés que non acaba de perder o sotaque galego) e sendo como eles son unha potencia mundial, calquera estudo científico téñeno que publicar en inglés, a língua francesa está fóra de xogo no eido da investigación.

Pensarei máis no tema, pero non prometo nada

8 comentários:

Anónimo disse...

Obrigadinho polo interese e a atención! Xa sabía eu que a resposta debe andar perdida flotando no vento e vai ser dificil cazala.

En canto o teu último paragrafo, iso acontece tamén co castelán. Que tanto presume de lingua franca, cando cada vez alonxase máis de esa pretensión
Un saudinho

paideleo disse...

Pola miña banda fálolla ao meu fillo e a todos ( e máis se son compañeiros domeu fillo ).
Supoño que eles morrerán algo máis tarde ca min.

Anabela Magalhães disse...

Kakakakaka... uma delícia de ironia!
Amei o teu texto. E sim, deixa de fumar! Pelo galego língua e pelo galego que és.
Bijocas

rui disse...

W. Sobchak: en fin, é cousa para pensar con calma; visto dende fora parece como se de tanto regalo o galego apodrecera, porque como nos últimos trinta anos nunca tivo tantas oportunidades a nosa língua, pero a verdade é que houbo unha banda de delincuentes que fixeron dela un latín para as cerimónias.

rui disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
rui disse...

Paideleo: xa, penso que todos facemos o mesmo, digo todos os que temos fillos e falamos e escribimos en galego, aos fillos é o primeiro, educámolos cada un coas suas ideas pero en galego. E por suposto, eu xa estou afeito a falar a todos, nenos e adultos, na nosa língua, porque se falase castelán con quen fala castelán pasaría a maioría do día sen usar o galego.

Pero eu son adulto, cunha conciencia con respeito á língua, tentando que, polo menos no pouco que eu podo, chegue a todas partes no noso país. As miñas nenas non teñen que loitar, os nenos teñen que xogar e aprender, estes esforzos quedan para nós. Para elas a língua é unha ferramenta, usan a do falante que teñen enfrente. As línguas maternas son o galego e o francés, por min e pola nai, cada un faloulle a sua e foilles moi ben... só que xa voltaban da gardería falando en castelán (a gardería non era en Vigo, ao contrario nunha vila de maioría aplastante de falantes en galego, parece un paradoxo!)

Nunca lles prohibín falar o castelán, sería estúpido da miña parte, estou contento de que falen as tres línguas, e as prohibicións soen dar o resultado contrario ao agardado. Agora falan en francés coa nai e coa família dalá, en galego comigo, coa miña familia e con algún amigo, un ou dous. O castelán é para o resto, é a sociedade así. Xa che digo que elas non a van cambiar.

Por iso son tan pesimista.
No colexio / instituto, aínda que si, danse materias en galego, a língua entre os alumnos é o castelán.

rui disse...

Anabela: sim, vou ter que me conscientizar, polos dous!

Beijinho

Anabela Magalhães disse...

Galego, tens um prémio no meu blogue.
Beijinho