quarta-feira, 30 de março de 2011

sede e miragens



Aínda que a terra non sempre precisa da auga pode-se dicir que si, con moita frecuencia debece por ela. E nas ocasións en que a falta é tan grande que a seca comeza a greta-la, a tornar en pó a sua superfície, a terra, que pola sua posición natural sempre ten os olhos virados cara ao ceo, comeza a ver auga onde é óbvio que non hai tal; por veces, nun aire azul desidratado confunde as estelas dos reactores con cumuloninbus, pon en marcha o febril proceso de abrir os seus poros ávidos de humidade, e agarda con excitación sexual o momento de as pingas gordas se descolgaren das nubes, de ve-las baixar xa irremediablemente cara a ela.

E agarda.

Até que as estelas van ancheando, desfacendo-se devagarinho, deixándo-lhe umha erosión fonda, ferindo alí onde o vento e a xeada nunca deran chegado.

4 comentários:

Raposo disse...

Desas estelas o único que se pode esperar e polución. Mecághina no progreso!!

rui disse...

Tocounos esta época na que hai nubes e estelas de reactores e non gañamos nada a queixarnos da nosa sorte, "ai, aqueles tempos nos que toda nube era auga!"
Non paga a pena.

Anónimo disse...

habera que preguntarlle os que van no avion ehhhh¡ que hai da terra grelada saen patacas ou non ¡¡¡ o rastro do avion ousexa que si habemus auga
besiquinhos
(palabra nova)

rui disse...

besiquiños, es un inventor!