segunda-feira, 16 de maio de 2011

Reincidencia

Prometían futuros de batas brancas
coas mans libres do cemento, do aceite usado dos nosos pais
a glória estaba alí ao fondo, só había que seguir a camiñar
para acadala. Palabras con x que nos licuaban a boca
sexo, éxito, excelencia, texturas doces, sedosas, xa sen exílio
non o facían por mal, crían nesa fartura á que nos lanzaban
herdaredes o mundo! non precisades nin pulseiras de pinchos
nin camiños paralelos de melenas e marihuana
terédelo todo, todo o que nos faltou a nós

Así, xeración tras xeración, o mundo perpetuouse
e hoxe somos nós os que sementamos de pétalos
a autoestrada dos outros, sen saber de peaxes nin destinos
seguimos a imaxinarlles hipotéticos solpores laranxas
condenados a repetir a secuencia

10 comentários:

A nena do paraugas disse...

Somos seres reincidentes, repetindo con mínimas variacións o que outras xentes fixeron antes ca nós. E así se constrúe o presente e se proxecta a construción do futuro.
Para min non é unha condena, é unha fortuna poder facelo, agás que esa repetición estea centrada en erros e non en éxitos. Pero se seguimos cara adiante é porque poñemos a mirada no bo. E así hai que seguir.

Saúdos.

rui disse...

Gústame a tua visión positiva. Moitas grazas

xenevra disse...

Camiños que se cruzan X , vidas que prometen S S S S
e mentres tanto, eu a esvarar docemente polo trazado das túas letras.
Marabillosa reicindencia fonosimbólica;) Gostei dela.

Anónimo disse...

estaste volvendo un poeta oscuro ,arre demo , de todolos xeitos a tua vida e insignificante e asi ha de ser si arrastras os demais e os levas as carreiras cando ti desaparezas volveran o punto de partida onde se sinten seguros e seguiran a tirar do fio a sua velocidade , cando pasasen onde ti os deixaches diran que eras un adiantao o teu tempo e seguiran a sua velocidade , e asi e asi sera e ten que ser porque e a velocidade de millons e un grupo canto mais numeroso menos lixeiro
amen
apertas

rui disse...

Xenevra: é a primeira vez que escoito o de fonosimbólica :)
Gústame a imaxe de esvarar polas miñas letras.
Un biquiño

rui disse...

Anónimo:

Non, non me volvo poeta, pero si un pouco máis escuro cada vez que vou á praia. Creo que esta entrada se entende perfectamente, non ten moita sombra. O de que a miña vida é insignificante é un piropo que non me botan moi a miúdo e o de querer levar a xente atrás de min non vai na miña forma de ser.

Esta ofensa pública merece unha compensación líquida, en ron ou vodka, antes de duas semanas (ou antes de que marche de novo)

Biquíños, anónimo axitador

Mara disse...

Feliz de que me reencontraras. Unha aperta grande!

Anónimo disse...

de axitador nada remexedor acordate do 007

paideleo disse...

Non deixamos de ser xente do común.
O malo é do que cae enganado polas palabras bonitas: " tú te lo mereces ", " me permito un capricho porque yo lo valgo ", etc.

rui disse...

Paideleo, xa o dixo o anónimo (aínda que sexa algo brusco) "a tua vida é insignificante". En realidade é iso, somos xente do común. O único que non quero ser é hipócrita, menos aínda cos fillos. Intentando mellorar, aínda que creo que iso téntano todas as xeracións, logo que quedemos máis ou menos contentos co que nos deron xa depende das esixencias de cada un.
unha aperta