domingo, 5 de junho de 2011

O día perfecto

hoxe non, hoxe non hai tempo.
outro día hei falar dos días perfectos (ou do día perfecto)
e o ronsel que vai deixando
de ilusión, de esperanza, de milleiros de novas combinacións
e o sensible incremento na factura do móbil

9 comentários:

oko disse...

vou a un obradoiro de danza. proponse a reflexión através do movemento do corpo. dinme: pensa nos momentos máis felices do día. dispois nos piores
descubro que os meus días están cheos de momentos malos. e de que os felices case nen existen
e si, non é se non ir deixándoo sempre para mañán...

rui disse...

Buf, no do obradoiro de danza terías que te quedar só coa primeira parte, momentos malos todos os temos case a diário, o importante é o peso que lles concedemos, poden ser momentos escuros pero lixeiriños como as sementes das leitarugas, que rápido marchan voando.

E o de deixalo todo para mañá é un deporte que pratico constantemente, ao final chego a pensar que son como um corcho levado pola maré, que a base de postergar as decisións a vida vaise tecendo ela soa pero sen a miña intervención.

Pero este día perfecto do que quero falar, é certo que o houbo e que teño ganas de topar as palabras que o fixen no blogue.

Biquiños, Oko

Anónimo disse...

tan poeta e tan peseteiro
¡ hai Dios que poeta ¡.
P.D. non me respondas dicindo que non es
peseteiro , nin poeta of course )

rui disse...

Ti sempre metendo cizaña! O de peseteiro xa está pasado de moda (que non se note que somos tan vellos!). Aínda que é certo que logo do día perfecto sobe a factura do móbil, iso non me doe para nada, au contraire, mon ami. No texto só é un efecto de contraste, e moitas veces tamén é un quitarlle ferro a tanta dozura. Non sei se te me explico ben.
Biquiños, incorrixible

Anónimo disse...

a verdade e que si que ten contraste porque sacarlle o ferro a duzura xa te vale , vengativo que eres , xa non se pode esconder a plancha no pastel .
Onde imos parar
besos e mais cizaña

Raposo disse...

Sempre podes probar a chamar a cobro revertido!

rui disse...

Era unha solución!
Moitas esperanzas se poñen no móbil despóis do día perfecto.

Saúdos, Raposo

matrioska_verde disse...

non perdas o tempo en buscar a perfeción... non hai nada mais fermoso que a in-perfeción.

biquiños,
Aldabra

rui disse...

A procura da perfeción é unha tendencia necesaria, pero sempre tendo en conta que nunca se acada (para evitar decepcións)