sábado, 18 de junho de 2011

oblivioni mandare

Daquela non o sabiamos pero eramos pobres, e os excrementos dos animais misturábanse ao noso olor corporal. Chegaban os alemáns e dicían en alemán, moi educadamente, “was dieses Land riecht schlecht!”. E as nosas casas foran feitas sen salón de música, así que medramos sen piano, nen violín, sen clases de solfeo, nen concertos austríacos. En cambio sempre se reservaba un recuncho para o galiñeiro, proteínas libres de impostos, esterco para a minúscula horta das cebolas e leitugas, vitaminas taxe free, ou para as flores que daban para un capricho na confitaría.

Eramos pobres, agora me decato, mas naquel tempo camiñabamos entre as bostas do gando sen critérios estéticos e os franceses dicían con educado xesto “Ça sent fort, ce pays-là!”. Ás nosas casas faltáballes o despacho con mesa de carballo, medramos alleos á importancia dos movementos do papel, Por contra había en todas un banco con ferramenta, e aprendías sen dor a filosofía do martelo, a constancia da folla de serra, as propiedades do arco eléctrico.

Iso si, uns antes, outros máis tarde, todos fomos conseguindo a televisión, logo o teléfono, a auga da traída, os tubos que levaban o noso sudre cara ao mar... pouco a pouco, gracias á primeira, fomos aprendendo o porcos que eramos, o desgraciados que eramos, e léntamente modernizámonos, arrasando galiñeiros, cavando piscinas. Paseniñamente abandonamos todo o que fedía. Mesmo prescindimos da nosa língua, pensamos que ela tamén tiña culpa da pestilencia que nos envolvía, e hoxe, esquecéndoo todo, cando cruzamos os reflexos do noso pasado, só as veces, e en voz baixiña, dicimos para nós “como huelen estos señores!”

3 comentários:

rui disse...

Querido anónimo, sé benévolo nas tuas críticas, ten en conta que vai baixo a etiqueta de panfleto barato

Anónimo disse...

con amor te digo , que tu amor me conmueve (hacia el gallego ) .
Pero como espero ser un espectador apasionado e imparcial te dire que nuestra defensa del gallego sera vana si siguen inventandose un idioma que nunca existio e que de ningunha maneira ten que ser Portugues . Mais ala de filias e fobias se convertira nunha asignatura mais , aprobada e seguidamente olvidada . Se a xente non se identifica con ela non hai maneira , a TVG non axuda nada por ter unha programacion de xeriatrico
en fon aleia iacta est :
vemonos

rui disse...

No da TVG douche a razón, é unha cadea para xente de idade avanzada, e (agora non sei se segue asi, xa non a vexo) ao ser instrumento de propaganda do partido do governo convértese nunha patética pailanada. No do galego vs portugués remítote ao post no que expuxen a miña opinión sobre os beneficios dunha aproximación á grafía lusa, e a maneira menos indolora de facelo
http://quenpuxoessepapelnaporta.blogspot.com/2010/01/o-galego-e-o-novo-acordo-ortografico-da.html