Outra vez fago a maleta, xa veremos canto dura a marea, volver ao francés, a estar eu só, quizáis iso o botara de menos, agora xa marcho con outra categoría máis pomposa, mais co mesmo soldo, son as medallas de cartón coas que che cobren o peito, non lles custa nada aos traballadores da palabra, suxeito-verbo-predicado e o mundo volve a funcionar. Non quero ser bruto, rir deles, ou desprezalos, pero por moita area que botes sen cemento non se fai a masa.
Nada, que cambio de réxime alimentício, de língua, de traballo... a ver que teñen os corsos para beber. Se houber tempo escribirei algo máis. E tamén tirarei unha chea de fotos (para quem as precisar)
6 comentários:
eu. eu quero saber como é o país dos corsos
boa viaxe, mariñeiro
Boa viaxe. Sempre se aprende moito polo mundo adiante!
eu preciso desas fotos e haber se algunha e xuntos , non te despidas sen soltar algun comentario Santiagues ( o meu lado cotilla , xa sabes )
Ben, pois xa estou "partido".
Oko: Hei publicar algunha foto aquí, pero se queres vai ao facebook, estou poñendo algunhas alí.
A nena do paraugas: si qué é certo, apréndese moito e tamén se pasa mal ás veces, e outras de marabilla, parece que as cousas se agudizán, é máis intensa a vida.
Anónimo: viens!E xa sabes o moito que me gusta Santiago.
kaixoruibal@yahoo.es
Boa viagem, Galego! Tira fotos e vai partilhando. Se vires alguma coisa interessante para uma rapariga de história... manda, pois então!
És um sortudo! A mim ninguém me paga para conhecer coisa nenhuma... eheheh...
Beijinhos e fica bem.
Enviar um comentário