quarta-feira, 6 de julho de 2011

Cazadores de insectos

E aínda que deixo a ventá toda a noite aberta, por se houber unha ninfa, ou outro ser feminino con alas ou peitos, que viñese lerme as mil e unha noites, ou calquera outra cousa, desperto pola mañá só na cama e co teito cheo de mosquitos. Dende aquí vexo á veciña do terceiro que soña cun lector que apareza de súpeto e se lle meta baixo as sabas, tamén ela ten a ventá aberta, tamén só consegue atrapar mosquitos.

8 comentários:

Anabela Magalhães disse...

Pois! Lixaste-te! Eheheh...

Anónimo disse...

pois a que esperas mosquito , para lanzar o teu dardo, ¿ a que saque o insecticida ou que ? .
Ti que foches a mili, o valor se lle supon , mi soldadito .
xa te mandarei un video explicativo,
besos .
P.S. os fogos fatuos tamen puntuan

Raul Emilio Martins disse...

Um bom tema para o início de um livro que poderia manter o título que aqui tens.
...
E cuidado com essas "ninfas" que te podem entrar pela janela. Eh!Eh!Eh!

rui disse...

Non espero, anónimo, son só imaxinacións do de sempre (unha mente que ten maís que unhas décimas de febre). O vídeo explicativo creo que o necesito bastante, ou polo menos un mapa ou un croquis, algo pon onde guiarme, unha brúxula, que sei eu!

Os fogos fatuos deixan marcas ben febles.

rui disse...

Nao há cuidado, a janela fica sempre fechada, ou aberta só um bocadiño pelo que seria impossivel que entraram os seus corpos voluptuosos.

um abraço, Raul

A nena do paraugas disse...

Mosquitos... Convidados non convidados nin desexados, que sempre atopan a maneira de instalarse comodamente nas nosas superficies!

rui disse...

Corsica é a illa dos mosquitos, só que aquí non lle pican ao turista para que volva, sonche finos de coidado, sempre a pensar no ben do país.

Raul Emilio Martins disse...

Bem, mosquitos amestrados... gostei!