sexta-feira, 7 de agosto de 2009

A casa dos libros

Na casa dos libros facíase o amor no chan enriba das alfombras, mentres da planta baixa chegaba unha melodia de piano ou de clavicordio.

Todas as estancias estaban, e seguen estando ocupadas por milleiros de libros. Só quedaban, e quedan, os baños como reductos sen conquistar, mas a falta deles as fotos das montañas levábanme os minutos do paso diário obrigado aos glaciares, aos circos, ás neves eternas.

Os libros están na meirande parte escritos en francés, aínda que tamén os hai en inglés, espanhol, latín, alemán... nunha das visitas comecei o Discours de la Méthode, mas ás poucas follas cambieino por un método de italiano, que tamén abandonei para ir esnifando outras obras; ante tanta variedade non é un quen de se fixar un obxectivo. Nesta última estadía topei un de Poe, do mil oitocentos e pico, en inglés, titulábase Poesies, pero o meu english level fica a ras-do-chão, penso, logo deixeino. Fun até ao centro, a mellor libraría da cidade e logo de hora e media de pracer merquei unha novela, Les yeux jaunes des crocodiles.

Na casa dos libros hai debuxos de vilas medievais, árbores xenealóxicas, fotografías da cidade hai cen anos, mapas antigos de Bretaña (en bretón), medallas dos antepasados, cadros do século dezanove (xa sabes, eses normandos), unha escaleira de madeira que rincha, revistas de música, cuartos con cheminea, mobles retortos e unha foto miña de hai algúns anos, co pelo ridículamente (agora o vexo!) longo e un pendente na orella esquerda.

Tamén ten un precioso xardinciño con estanque e poissons rouges, mas fica fora das catro paredes onde moran tantos libros.

7 comentários:

Ra disse...

Geografía ejemplar. Yo quiero ir! ;)

Por fin vuelve.
Mua.

Anabela Magalhães disse...

Por fin vuelve!
Arriba, Galego!
Texto magnífico para retomar a escrita... eu retomei a leitura...
Parabéns!
Beijinho

oko disse...

quen puidera estar nesa casa!

Anónimo disse...

alabado sea el senhor la criatura vuelve a usar la polla de pisapapeles, marcador de hojas,ojos etc etc. ainda que non me quedou claro porque mercaches o libro si ,parece que estas na tua casa , de todas todas un escritor competente

A Conxurada disse...

Acabas de describir o Paraíso, non si?

Raposo disse...

Borges desfrutaría dabondo nesas estancias!

rui disse...

Biquiños a todos

Ra: volvo mas sem moito tempo para adicarlle ao blogue

Anabela: obrigado, quem puider ter a tua hiperactividade!

Oko: non é a miña, eh!

Anónimo: ti como sempre usando neoloxismos, como pisapapeles...

A conxurada: sur terre!

Raposo: eu polo menos si disfruto, para calquera a quen lle gusten os libros é un cachiño de paraíso (cunha muller, ou un home, ao lado)