segunda-feira, 17 de agosto de 2009

O río


Este río é xaponés, ou poida que chinés. No bater contra as pedras vai criando unha zona de baixa influência electromagnética, unha especie de no-man's-land onde as conversas poden escorregar por carreiros nos que nunca aparecerá o (teu) traxe de xuiz ni a roupa interior das (miñas) amantes.

O río cóbrete de minerais, úntate de marmurios relaxantes, masaxeache os músculos tensos cos verdes transparentes das suas augas. Será chinés, ou poida que xaponés. O río lembrame as tendas francesas onde venden a paz embotellada, sons de paxaros para espertar de bo humor, aromas desestresantes... tendas para enfermos dos que saen a moreas nas grandes cidades. Aquí non. Aquí xa temos o río que cura, amoléceche os circuitos do cerebro, permeteche esquecer o que ti queiras, xa sabes, remanso de paz. Un remanso non é a vida, só unha pausa. Necesaria.

Mentres coa voz imos facendo avanzar as horas, as nenas saltan da corda pendurada dun ameneiro, traxectoria circular polo aire e caida vertical na auga. As miñas sílfides. Poden ficar abraiadas durante dez minutos diante dun remuiño de dous centimetros de diámetro á beira da presa. Ou mergullar dez veces por minuto para apañar a area fría do fondo.

Claro que estamos no verán, estación propicia para escurecer a pel e branquear a alma... ou o que quede dela.

5 comentários:

Ra disse...

A mí el alma en agosto se me enturbia, se me llena de humedad. Pero es que ocupo un rincón cartográfico de lo más permeable. Déme, cuando pueda, las coordenadas de ese río, please :)

rui disse...

Non teño as do GPS, deixoche as da wikipedia
http://gl.wikipedia.org/wiki/Ponte_Caldelas

Ou baixas, torces á esquerda, tiras todo dereito e cando chegues ao final paras. Máis ou menos.

Biquiños

Ra disse...

:)

Merci.

rui disse...

Il n'y a pas de quoi!
ou non hai de que!
|:)-

Anónimo disse...

abraiasme coma (case) sempre (o case e para non darcho todo de primeiras)