domingo, 6 de dezembro de 2009

As tres da mañá - Three o'clock in the morning

Son as tres da mañá no cuarto do que fora o meu apartamento neste bairro alto da capital
cando menos é iso o que calculo, espertei hai cinco minutos enchoupado en suor
e non lembro ter escoitado en soños a chamada á primeira oración do día
ademáis afóra segue a mesma claridade das lámpadas da noite
e un canto de paxaros nocturnos que por un intre me descoloca no mencer

Son as tres da mañá e decátome de que os dous cobertores para esta madrugada de outono
foron abrigo de máis, e as sabas xa están empapadas, vou a cociña, bebo auga
pasando á beira do radiador de gas vexo que os mistos queimados seguen no chan
onte estaba nervioso de máis para conseguir acender o queimador
por iso o reforzo do segundo edredón, e esta sede intempestiva a cortarme a noite

Son as tres da mañá e teño tempo dabondo para cair nos lugares comúns do meu pensamento
as voltas, que nunca te devolven ao mesmo ponto de partida e toda esa trangallada
como sempre, desaproveitara o tempo que tivera para facerme á idea
de que os post-it son de papel e o meses de chuvia fanlles cair as letras de tinta indeleble
decaido por teren caido tamén todos os je t'aime que pegara co meu cuspe na sua pel

Eran as tres e cuarto e volvín onda ti, aínda que me fora difícil lembrarte, o cabelo mudara
mas os ollos seguían combinándose sedutoramente co timbre tranquilo da tua voz
volvín á cama e do teu corpo collín só unha man, agarreime a ela
e mentres ti soñabas eu soñei que agardabamos xuntos a fin do mundo
das seis da mañá, de volta ao teu Centre Ville onde as cancións de berce dos klaxon
recordarante mañá os paxaros desta noite, na que aínda que non o saibas
prometinche morder a tua língua antes de deixar a miña alma escapar pola boca
e colárseche aos pés e ás plumas do teu traxe de bailarina para que non poida
xa separarme de ti...
sen dor

9 comentários:

Anabela Magalhães disse...

Este post é para uma mulher chamada Argélia?
Bonito...

rui disse...

É sobretudo para mim, para recordar. E para ti e os que passam por aqui de visita.

Sabes que tenho vontade de fechar o blogue. Já apenas tenho tempo de escrever, precisso de uma tranquilidade que em casa não tenho.
Ou bem será que já não precisso tanto a escrita como quando estou fóra do país.

Bem, de qualquer jeito já não é a primeira vez que quero acabar!

Um beijinho

Anabela Magalhães disse...

Pois eu sei. Entendo-te.
A dada altura também me passou tal pela cabeça e fechei-o durante uns cinco dias... kakakakaka... mas esta disciplina da escrita diária fez-me/faz-me falta.
É certo que exige tempo.
É certo que as tuas circunstâncias de vida serão agora outras.
Se o fechares fico com pena.
Acho que já te disse que durante este período em que a Educação no meu país esteve a ferro e fogo (ainda não está pacificada) tu foste uma excelente leitura quase diária de assuntos outros que não lutas, greves, protestos e coisas afins.
Mas é evidente que a alimentação de um blogue só faz sentido se der prazer a quem o alimenta.
Não é assim, Galego?
Beijinho

Anabela Magalhães disse...

Galego
deixei-te um desafio no meu blogue... acho que ontem...
Como já sabes que sou hiperactiva vê se vais lá ou só o encontrarás lá pelas calendas gregas... kakakakaka...

Ra disse...

Joder. Escribe usted esto y amenenaza con cerrar... HUELGA en las inmediaciones de su esse papel na porta :)

rui disse...

Muitos beijinhos, Anabela. Já peguei no desafio e, bem, enquanto encontre um momentinho de intimidade para a concentração resposta-lo-ei.

Alégra-me que a leitura do meu blogue fosse para ti um bocadinho de desabafo. Já disse que tenho vontade de botar-lhe o fecho, mas... tu sabes que também sigo a ter vontade de escrever, só é que me falta o tempo. Com certeza que o blogue é um bo remedio contra a soidade, mas em casa já não estou sozinho.

Veremos

rui disse...

Ra:

Que alegría que veñas! E faime gracia a combinación do Joder co tratamento de Usted... xa sei que é o teu estilo así, pero... faime gracia.

Xa sabes, agora estou na casa e non teño tanto tempo como tiña en Arxelia. Ben, ti tamén escribes menos agora.

Sabes, vouche facer unha declaración, aquí e non na tua casa: encántame como escribes! É que alí todo o mundo cho di (aquí só cho digo eu, jeje!)

Un biquiño

Ra disse...

Me has puesto colorada ;)
(gracias)

[Lo que quieras, pero no lo dejes. Ni en Casa ni en el Infierno].

rui disse...

Manda carallo! (Seguindo co modelo da palabra introdutória), así que me retiras o tratamento! Ten os efectos dun lifting aos meus trinta e trece recén feitos, ou dunha inxección de botox no meu ego.